#Claves de la semana

​Aumentan os controis ante un mal ano nas estradas galegas

As persoas falecidas en accidentes aumentaron un 18,8% ata o mes de maio


|

Accidentes 3



Este ano as estradas galegas están deixando máis víctimas, ata o mes de maio aumentaran nun 18'8% as persoas falecidas en accidentes de tráfico e subiron nun 19,4% o número de sinistros mortais.


En concreto, nos cinco primeiros meses do ano faleceron en accidentes de tráfico en Galicia un total de 38 persoas, seis máis que hai un ano.


Aproximadamente nun terzo destes accidentes alcohol é "un factor concorrente ou determinante", segundo recordan dende a Delegación do Goberno.


Por iso se ten posto en marcha dende este luns unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores que se estenderá ata o domingo día 12. Axentes da Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán, durante toda a semana, os controis deste tipo a condutores nas vías galegas.


Igualmente, potenciarase a colaboración cos concellos para realizar estas actuacións en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de lecer nocturno.


POR PROVINCIAS


Por provincias, na Coruña tiveron lugar 14 accidentes de tráfico mortais, que xeraron outras tantas vítimas. A cifra neste caso foi a mesma que hai un ano. O mesmo ocorreu en Ourense, con dous accidentes e dúas vítimas mortais.


No caso da provincia de Pontevedra, o número de accidentes mortais ata maio diminuíu un 23,1 por cento --10 sinistros-- e o de vítimas baixou un 28,6 por cento, ata os 10 falecidos.


O incremento máis importante produciuse na provincia de Lugo, onde o número de accidentes mortais pasou de 2 en 2015 ata os 11 deste ano. No primeiros cinco meses do ano faleceron 12 persoas por esta causa, fronte as 2 de hai un ano.


DATOS DE MAIO


Durante o mes de maio tiveron lugar en Galicia catro accidentes de tráfico mortais --un 33,3 por cento máis--, que produciron outras tantas vítimas, unha máis que no quinto mes de 2015.


Por provincias, en Lugo non tivo lugar ningún accidente e en Ourense rexistrouse un, a mesma cifra que o pasado ano. Na Coruña tivo lugar un accidente cunha vítima mortal, fronte ás dúas de 2015, e en Pontevedra faleceron dúas persoas noutros tantos sinistros --o pasado ano non se produciu ningún--.


En canto ao tipo de sinistro, dous deles foron colisións, un atropelo e unha saída de vía. Todas as vítimas eran maiores de 36 anos.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE