#Claves de la semana

Tiran de retranca cunha "eucaliptización" da muralla de Lugo

Para denunciar a destrucción do patrimonio "a mans da industria forestal" 


|

Eucaliptizacion


"Como bos destrutores do patrimonio, ao berro de 'Ningún xacemento sen eucaliptos', procederemos á eucaliptización da muralla luguesa e, imitando os procedementos da industrial forestal, farémolo sen pedir permiso a patrimonio".


Toda unha declaración de intencións de intencións por parte das asociacións Adega, Cultura do País e Mariña Patrimonio, que tras denunciar ante os xulgados a "destrución masiva e indiscriminada" do patrimonio arqueolóxico "a mans da industria forestal", agora tirarán de retranca cunha plantación simbólica na muralla de Lugo o vindeiro 18 de xuño.


Aproveitando a celebración do Arde Lucus, as asociacións decidiron darlle un tono diferente á denuncia que terá lugar no tramo entre Porta Miñá (Tinería) e Porta do Bispo Odoario ou de O Hospital.


Destacan que igual que no Arde Lucus "moita xente en Lugo cambia de rol e pasa de ser un mesmo a converterse en sacerdotisa, senador romano ou guerreiro celta", os asistentes a este acto reivindicativo na muralla converteranse "por uns instantes en axentes da industria do eucalipto". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE