La única newsletter de sanidad de Galicia
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado
A Fiscalía pide ata seis anos de cárcere por un suposto delito de falsidade documental
Este martes a activista LGTBI e sindicalista da CIG Laura Bugalho tivo que comparecer nos xulgados de Santiago, a raíz do caso na que está sendo xulgada por un suposto delito de falsidade documental co obxectivo de conseguirlle os papeles de residencia a inmigrantes ilegais.
A Fiscalía pide entre tres e seis anos de cárcere, pero a multitude que se congregou diante dos xulgados esta mañá reclama que se arquive unha causa que ven "cargada de sombras".
A concentración de apoio á activista estivo apoiada por sindicatos como a CIG e partidos políticos como o BNG, Esquerda Unida ou Anova, que entende que a "longa traxectoria a loita pola defensa dos dereitos humanos" da activista é "o obxectivo principal no que se asenta este caso".
Por iso reclaman a liberdade sen cargos para Laura Bugalho, porque "defender ás persoas migrantes non é delito". A defensa dos dereitos das máis vulnerables é un acto de xustiza social que non pode ser censurado en ningún caso", conclúen.
MOITAS LAURAS PRECISA ESTE PAÍS
Durante as últimas semanas os colectivos que apoian á activista lanzaron unha campaña recabando apoios nas redes sociais.
A través do hashtag #moitaslaurasprecisaestepais, un gran número de persoas e colectivos amosaron o seu apoio e pediron a absolución da procesada.
Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado