#Claves de la semana

Baltar pai declara hoxe pola denuncia ao seu fillo de ofrecer traballo a cambio de sexo

Por presuntos delitos de suborno e tráfico de influencias


|

Baltarpadres 1


O expresidente da deputación de Ourense, José Luis Baltar, declara este mércores no caso aberta a raíza da denuncia contra o seu fillo por ter ofrecido supostamente traballo a cambio de sexo. 


Está citado polos mesmos delitos dos que está acusado o seu fillo, suborno e tráfico de influencias, xa que no momento dos presuntos feitos aínda era o máximo representante da institución provincial. 


Está previsto que declare en torno ás 10:30, media hora despois dun testigo do caso, o representante dun hotel. 


Este luns, Manuel Baltar evitou pronunciarse sobre a citación do seu pai e antecesor no cargo.


O CASO


A mediados do pasado mes de outubro, Teresa F.C. denunciou ante a Fiscalía que Manuel Baltar ofrecéralle no ano 2010 "unha praza fixa" na Deputación provincial a cambio de manter relacións sexuais. Entón, esta institución aínda a dirixía o seu pai, José Luis Baltar.



Nun primeiro momento, a Fiscalía Provincial de Ourense decretou o arquivo de dilixencias de investigación, pero a muller presentou unha nova denuncia ante o xulgado de garda por un suposto delito de acoso sexual, que deu lugar á causa agora en marcha.


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE