#Claves de la semana

​Fenosa inicia a repotenciación de Cabo Vilán

Sustituirá os 22 muíños orixinais por 2 novos aeroxeradores


|

Eolica 2


Gas Natural Fenosa acaba de comezar as obras de repotenciación do parque eólico de Cabo Vilán, que permitirán sustituir os 22 muíños orixinais por dous novos aeroxeradores de 3MW de potencia cada un.


Este parque situado en Camariñas foi un dos primeiros construidos en Galicia a comezos dos anos 90 e agora convértese no primeiro en ser repotenciado na nosa comunidade.


A drástica reducción de muíños permitirá modernizar e optimizar as instalacións, incrementando a súa potencia e diminuíndo o seu impacto paisaxístico e ambiental.


Ata o de agora e pese aos 22 muíños que xa foron retirados o parque sumaba unha potencia de 3,9MW. Pero os dous modernos aeroxeradores que se instalarán permitirán acadar unha potencia máxima evacuable de 5,46 MW, incrementando nun 40% a potencia autorizada da instalación.



INVESTIMENTO EÓLICO EN GALICIA

A repotenciación do parque de Cabo Vilán traerá consigo unha inversión de 7,6 millóns de euros. Unha actuación máis dunha compañía que conta cunha potencia eólica instalada de 290 MW en Galicia, con 11 parques nas catro provincias.



O proxecto de repotenciación de Cabo Vilano enmárcase no compromiso que Gas Natural Fenosa ten con esta comunidade autónoma, na que está a desenvolver un plan de investimentos que, en 2017, alcanzaría os 860 millóns de euros. Segundo indicaron a través dun comunicado dende a compañía, esta cifra pode ampliarse ata os 1.100 millóns, sempre que as circunstancias o propicien, e con independencia doutro tipo de investimentos de carácter social.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE