​O PP de Lugo xustifica o carrexo de anciáns en 2012

|


A cúpula do PP de Lugo, dirixido por Elena Candia, acaba de saír na defensa dos catro militantes investigados por carrexar anciáns cara un colexio electoral nas eleccións de 2012, entre os que se atopa o expresidente dos populares lucenses José Luis Iravedra.


A xuíza considera probado que Iravedra conduciu a unha anciá en cadeira de rodas con "deterioración cognitiva" a unha mesa electoral. Pero para os populares lucenses "o feito de que afiliados do PP axuden a desprazarse a persoas con mobilidade reducida "en ningún caso pode entenderse como unha conduta obxecto de reproche penal".


Recordan que ningún dos anciáns que acudiron a votar estaba incapacitado legalmente, polo que apoian os criterios esgrimidos pola Fiscalía para pedir o arquivo da causa, negando que existan indicios dunha posible comisión de delitos previstos na lei electoral ou no Código Pena.


En cambio dende Esquerda Unida, promotores da denuncia, consideran "un éxito para a democracia que se vaia a celebrar o primeiro xuízo do país por un tema de carrexo de votos", unha práctica que consideran "estendida e asumida polo PP en Galicia".


Yolanda Díaz, candidata de En Marea ao Congreso, destaca que estamos ante un tema "sumamente serio", no que "persoas en situación de especial vulnerabilidade, como son os residentes na Residencia Hogar San Roque, exerceron forzadamente o seu dereito de voto portando a papeleta nun sobre pechado desde a salida da residencia, é un feito bochornoso e denigrante que está tipificado na normativa electoral”.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress