#Claves de la semana

​Búscanse familias para nenos con necesidades especiais

 Para que non teñan que medrar en centros de protección.


|



A Fundación Meniños atópase na precura de familias que estén dispostas a adoptar a 7 nenos con necesidades especiais en Galicia, para que non teñan que medrar en centros de protección.


A directora da fundación, Mónica Permuy asegura que estamos ante "un reto" ao que hai que poñer "solución" e fixo un chamamento á sociedade para que se conciencie sobre as necesidades destes nenos.


"Non buscamos familias nin persoas perfectas para estes nenos e nenas, senón persoas que teñan o desexo de ser pais e nais", subliñou a directora de Meniños, que apostou por "dar unha segunda oportunidade" aos nenos que están en situación de "vulnerabilidade".


Este programa de adopcións especiais, segundo explicou Mónica Permuy, ofrece "apoio psicolóxico, social e educativo ás familias e aos nenos" de maneira constante durante todo o proceso, algo no que xa están inmersas actualmente 7 familias que adoptarán a 17 nenos con necesidades especiais.


2.000 TUTELADOS


En Galicia existen anualmente unha media de 2.000 nenos tutelados pola Xunta de Galicia e que se atopan no réxime que mellor se adapta ás súas necesidades. Entre eles, están aqueles nenos que necesitan de acollemento familiar ou adopción.


O programa conxunto de Meniños e a Xunta fai fincapé naqueles nenos que esperan unha adopción familiar e que presentan algunha necesidade especial, como discapacidade, enfermidade, conxuntos de irmáns ou adolescentes.


Na actualidade son sete os nenos deste colectivo para os que a asociación "non está a atopar familias", aínda que Mónica Permuy lembrou que se trata dun programa "vivo" no que os datos poden variar con facilidade.


A directora de Meniños pediu que as familias que desexen adoptar teñan "sensibilidade" cara a estes nenos e compréndanos con "unha mirada completa e non parcial", ao tempo a que animou a perder "o medo", xa que "as capacidades parentales pódense orientar, estimular e adestrar".


"Este camiño sinuoso non é posible se a sociedade non se implica", apuntou Permuy, que insistiu en que a familia é "o ingrediente fundamental" para que estes nenos teñan "unha segunda oportunidade".

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE