#Claves de la semana

​Ana Pastor non cree que o traspaso da AP-9 a Galicia depende dela

Mantén que a decisión debe tomarse en función de "informes técnicos e xurídicos"


|



A ministra de Fomento en funcións e número uno do PP por Pontevedra ao Congreso, Ana Pastor, non considera que esté na súa man traspasar a titularidade da AP-9 a Galicia, como reclamaron de forma unánime todos os grupos do Parlamento de Galicia (incluído o PP).

Ao ser cuestionada por este tema en Vigo, Pastor asegurou que "todo depende" do que digan "os informes técnicos e xurídicos con respecto ao interese xeral supracomunitario desta vía", aínda que afirmou que está "aberta a facer o que sexa mellor para Galicia". "Se iso significase que houbese financiamento para que podamos ter máis oportunidades, sempre estarei con ese modelo", rematou.


En todo caso, a ministra en funcións criticou que haxa algunhas persoas que "falan moito da AP-9" agora que comezou a campaña electoral, recordando que foi a impulsora dunha iniciativa para que os cidadáns paguen menos. Asegura que o Goberno destinou "10 millóns de euros para que a viaxe de volta dos días laborables sexa gratuíta", a través do financiamento de "máis de tres millóns de viaxes". "Os únicos que demostramos que se pode baixar o custo da autoestrada somos os do Partido Popular e a ministra de Fomento en funcións", concluíu.


A negativa da ministra en funcións a traspasar a autoestrada xa fora adiantada pola voceira nacional do BNG, Ana Pontón, que considera os criterios de interés supraautonómico como unha "excusa de mal pagador", recordando que tanto Cataluña como o país vasco sí posúen a titularidade de estradas que unen España con Francia. 

relacionada Ana Pastor rexeita transferir a AP-9 a Galicia
relacionada El parlamento pide que se traspase la AP-9 a la Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE