​Convocan novas concentracións ante o peche de camas no CHUS

|



A Cig-Saúde convocou novas concentracións para este mércores 15 de xuño, como resposta ao peche de 230 camas que segundo denuncian ten pensado pechar a xerencia este verán no Complexo Hospitalario de Santiago, no marco do peche de máis de 900 camas por toda Galicia previsto polo Sergas.


Serán ás 12 do mediodía no Hospital do Barbanza e no Hospital de Conxo, que segundo o sindicato é o máis afectado polos peches. Aseguran que neste centro se pecharán 161 camas, fronte ás 51 do Gil Casares e ás 18 do Hospital Clínico.


Denuncian que tamén se pecharán consultorios de atención primaria en varios concellos como Boiro ou Carnota de Son, nos que entenden que "lonxe de pechar" o que se debería facer sería "reforzar persoal, xa que son susceptibles de aumentar a poboación na época estival ao ser concellos costeiros".


En xeral, consideran que "non se pode aceptar un peche de camas que na práctica son especialidades enteiras co argumento de que no veran baixa o número de doentes, cando ano tras ano podemos ver o colapso que isto provoca no Servizo de Urxencias, con máis de 20 e 30 pacientes pendentes de ingreso e con espera de 3 días por unha cama, ademáis de derivalos a centros privados".


14 DÍAS DE ENCERRO NO MEIXOEIRO


Mentres tanto, os traballadores do Meixoeiro cumpren 14 días co peche indefinido no vestíbulo do hospital, con ánimo de seguir ata que "se vexan resultados", que pasan porque o hospital "abra ao 100 por cen" e conte cunha unidade de coidados intensivos "sempre aberta".


As traballadoras Natalia Rial e Begoña González transmitiron o pasado venres as súas demandas, subliñando que este verán "van quedar tres plantas enteiras pechadas" mentres se están derivando pacientes e probas "á privada".



relacionada ​O peche do Meixoeiro cumpre dez días sen perder forza
relacionada ​O peche de camas é un "debate sen fundamento" para Almuíña
relacionada ​Traballadores de varios hospitales rebélanse contra o peche de camas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress