#Claves de la semana

​Primeiro e último día de lecer e desconexión para os candidatos

Despois de 15 días de campaña, un para descansar. O domingo todos os partidos galegos escollen a capital para seguir o escrutinio.


|


As cinco principais opcións que teñen os galegos na cita coas urnas seguirán o escrutinio desde Santiago de Compostela, ben nas súas sedes ou ben en distintos establecementos que utilizarán para a ocasión.

Feijoocampaa


Desta maneira, como xa fixeron nas últimas citas electorais, os populares galegos centralizarán na súa sede de San Lázaro o seguimento dos resultados. Alí reunirase o equipo máis próximo ao presidente autonómico, incluído o seu secretario xeral, Miguel Tellado, quen será o primeiro en saír a valorar os resultados de participación ante os medios.

Alberto Núñez Feijóo acudirá á sede despois de depositar o seu voto no CEIP García Barbón de Vigo na mañá do domingo e logo dunha xornada de reflexión dedicada a recuperarse dunha campaña intensa na que percorreu numerosas localidades.

Os SOCIALISTAS, TAMÉN NA SÚA SEDE

Tamén os socialistas preparan a súa sede para seguir o escrutinio e, así, o seu candidato á Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga, acudirá á Rúa do Pino unha vez pechen as urnas, onde tamén estará a presidenta da xestora do PSdeG e número un pola Coruña, Pilar Cancela, que elixiu pasar o día de reflexión coa súa familia na capital galega.

O plan do candidato á Xunta para o fin de semana resúmese en facer a compra na praza de abastos, ir á praia coa muller e ir votar o domingo ás 11,00 horas ao Reitorado da Universidade de Santiago de Compostela, na Praza do Obradoiro.

Mareacampaa

EN MAREA E BNG
De novo os antigos almacéns Olmedo da compostelá Praza do Toural será o lugar onde os socios de En Marea seguirán o escrutinio electoral, con presenza de destacados dirixentes a partir das 20,00 horas. Tamén se espera que ao longo da noite cheguen os cabeza de lista das catro circunscricións, aínda que inicialmente estarán nos seus respectivos cuarteis xerais.

Este sábado, os cabezas de lista por cada provincia deixanse ver polas súas respectivas localidades, pero apartados da atención mediática.

Vermubng


Pola súa banda, os nacionalistas elixiron a Nave de Vidán para a rutina habitual de comparecencias sobre a participación e os resultados. Alí estará a Executiva do BNG encabezada polo seu portavoz nacional, Ana Pontón, acompañando os candidatos, do mesmo xeito que os militantes e simpatizantes que así o desexen.

Na xornada de reflexión, Pontón e o número uno pola Coruña, Carlos Callón, aproveitaron o bo tempo para tomar un vermú na zona histórica compostelá.

CIUDADANOS

Os simpatizantes de Ciudadanos asistirán ao reconto electoral desde o NH Obradoiro, onde estará o número uno ao Congreso pola provincia da Coruña, José Canedo.

Será, de feito, un dos candidatos máis madrugadores, xa que acudirá ao centro sociocultural do Ensanche para votar ás 10,00 horas tras dedicar a xornada de reflexión a estar coa súa familia e na praia.

Os 'PRESIDENCIABLES' PREFIREN FACER DEPORTE

Os candidatos á Presidencia do Goberno, pola súa banda, aproveitaron o sábado para facer exercicio e estar coas súas familias. Tanto Rajoy coma Pedro Sánchez decantáronse por ir correr, mentres Pablo Iglesias preferiu practicar deporte acompañado -fútbol e baloncesto-.

Máis tranquila foi a mañá para Albert Rivera, que deu un paseo e tomou un café con compañeiros do partido, e para Alberto Garzón. Pola tarde tocaba voda familiar, pero antes sacou tempo para desfrutar co "xogazo" 'Assassin's Creed Unity', segundo sinalou o candidato na súa conta de Twitter.

relacionada Os partidos rematan a campaña coa cabeza posta nos teléfonos que deberán descolgar o luns
relacionada Los partidos se reparten las ciudades gallegas para sus actos de cierre de campaña
relacionada ​Más de 70.000 gallegos votaron ya por correo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE