Sábado negro nas estradas

|

Accidente


Catro accidentes de tráfico deixan nove persoas feridas de distinta gravidade en distintos puntos de Galicia.

Un choque frontal entre dous turismos na rúa da Pena Corveira (Santiago de Compostela) deixou feridos tres adultos e tres nenos. Foi un particular o que deu a primeira alerta sobre as 16,45, ao atopar varias persoas tendidas no chan


O sinistro obrigou a mobilizar a Garda Civil de Tráfico, os bombeiros, e Protección Civil de Santiago, un helicóptero do 061, tres ambulancias asistenciais e unha medicalizada.

ILLA DE AROUSA
Outro neno de sete anos resultou ferido ao ser atropelado por un turismo na Illa de Arousa, nas inmediacións da Igraxa de San Xulián.

Segundo a Policía Local, o accidente tivo lugar minutos despois das 16,30 horas, cando o menor, que estaba xogando nas inmediacións, invadiu a calzada sen que o turismo, conducido por un mozo de 22 anos, se percatase da súa presenza. Debido ao golpe, o neno presentaba dores nun brazo e nunha perna, polo que foi trasladado nunha ambulancia do 061 ao Hospital do Salnés.


ORDES

En Ordes, unha persoa resultou ferida de gravidade ao saír o seu coche da estrada e caer desde unha ponte á vía do tren. O accidente rexistrouse minutos antes das 13,00 horas deste sábado na estrada que une Ordes coa Silva. A causa do golpe, o único ocupante do vehículo quedou atrapado e tivo que ser liberado polos Bombeiros de Betanzos.

As feridas graves provocadas pola caída motivaron que o servizo sanitario de urxencias decidise enviar ao momento o helicóptero medicalizado con base en Santiago. 

A CORUÑA
No polígono coruñés de Pocomaco, un coche atropelou a unha muller ao tratar de esquivar a outro vehículo que invadiu o seu carril. Foi o condutor do vehículo que atropelou á señora quen se puxo en contacto co 112 Galicia para informar do sucedido. Ata o lugar do accidente desprazáronse os profesionais de Urxencias Médicas, os axentes da Policía Local e os bombeiros da cidade.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress