​Os bombeiros forestais reclaman un listado "único e público" de contratación

|

Bomberoourense


A Asociación Profesional de Bombeiros Forestais (Apropiga) denunciou a "privatización", a "fragmentación", a "desprofesionalización" e a "precarización" do dispositivo establecido pola Consellería do Medio Rural para este verán.


Nun comunicado, os membros da asociación lamentaron a "fragmentación" que implica unha "diminución da eficacia" á hora de enfrontarse a un incendio forestal pola "dificultade" de organización. Por iso, esixiron que o dispositivo de prevención e extinción de incendios "volva ser único e público" e, por tanto, que todos os medios estean adscritos ao Servizo de Prevención e Defensa Contra os Incendios Forestais en Galicia (Spdcif).


Así mesmo, a asociación asegurou que unha "boa parte" das brigradas helitransportadas están "en mans dunha empresa privada", o que "non supón unha mellora" fronte as contratadas pola Consellería. Por iso, tamén demandaron "volver a un sistema único e público" de contratación e a "finalización" da "privatización" deste servizo.


"MODELO PRECARIZADO"

A asociación tamén criticou o "modelo precarizado" do servizo, no que os traballadores teñen "diferentes condicións" laborais, salariais e de tempo de contratación de acordo coa empresa, administración ou organismo "do que dependan".


Nesta liña, a entidade denunciou que "dous terzos dos traballadores" teñen "contratos temporais de tres e nove meses", mentres que a "metade" son interinos.


Por este motivo, Aspropiga demandou que as contratacións se estendan no tempo para realizar "con eficacia" os labores de prevención no inverno e un "compromiso de consolidación" dos traballadores interinos con ofertas de emprego "suficientes" e "regulares".


PROCESOS DE SELECCIÓN

Por último, criticou que os procesos de selección das institucións e empresas son "diferentes" e "arbitrarios", o que "non garante" a "uniformidade" nos "méritos, experiencia e probas" esixidos. Por iso, esixiron que as contratacións se realicen a través dunha listaxe "única e pública".


Ademais, demandaron á Xunta o recoñecemento da súa categoría como "bombeiros forestais" para "poñer en valor" o seu traballo e garantir unha "maior eficacia" nas súas funcións, así como unha formación específica da que "se carece" na actualidade.

relacionada ​A zona "máis complicada do país" ten pechada a base contraincendios
relacionada ​Seaga contrarará o seu persoal desde o 13 de xullo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress