#Claves de la semana

​Seaga contrarará o seu persoal desde o 13 de xullo

O Consello da Xunta aproba hoxe a encomenda á empresa pública. O BNG cualifica o dispositivo de loita contra incendios de "chiringuito" para "pagar favores a alcaldes".


|

Incendio 3


A conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, avanzou que este xoves o Consello da Xunta aprobará a encomenda de xestión do persoal de Seaga para a extinción de incendios no período de máximo risco, que comeza o 1 de xullo. En todo caso, estes contratos empezarán a partir do 13 de xullo e prolongaranse os tres meses aos que, segundo interpreta a Xunta, obriga unha sentenza xudicial.


A sentenza xudicial con data do 14 de xuño, que foi lida por Antón Sánchez (AGE) e Chelo Martínez (Grupo Mixto), obriga, ademais, a pagar aos traballadores de Seaga por 35 días que faltaron do ano 2015. Segundo explicou o sindicato que gañou a sentenza, CIG, os traballadores empezaron a traballar 20 días máis tarde da encomenda da Xunta e adiantouse a finalización 15 días.


A conselleira de Medio Rural defendeu a legalidade de iniciar os contratos o 13 de xullo deste ano, como así avanzou, a pesar de que a encomenda de xestión se fai este xoves e reprochou que a "precariedade" laboral dos traballadores de Seaga a había "en épocas anteriores", en referencia ao bipartito.


"NON EXISTE FRAGMENTACIÓN"

En resposta á deputada do BNG Tereixa Paz, a conselleira de Medio Rural defendeu que o dispositivo de loita contra incendios "non existe ningunha fragmentación" e fundaméntase "no principio de mando único".


A parlamentaria nacionalista, pola súa banda, preguntou que, se se necesitan 2.000 brigadistas, por que a Seaga se lle encomenda só a contratación de 500 persoas e o resto van para brigadas municipais, o que considera un "chiringuito" para "pagar favores aos alcaldes e que fagan o que lles pareza" con este dispositivo.


A conselleira defendeu que na empresa pública se cobren "o 100 por cen das vacantes" e expresou que "oxalá fosen 1.800" os contratados e non uns 200 fixos.



"UNHA GRAN MENTIRA"

Tras saudar aos traballadores e traballadoras de SEAGA presentes no debate dende a tribuna de convidados, a deputada do BNG resumiu o Plan Pladiga 2016, aprobado hai poucas semanas, como “un corte e pega de plans anteriores, é acientífico ao afirmar que se reducirían os incendios nun 8% sen base para facer esa estimación e por último é unha gran mentira”. Sobre este estremo, a deputada afirmou que non aparece a prevención por ningún lado pero tendo en conta que é aprobado no mes de xuño non nos estraña, “xa que a prevención tería que estar feita antes do mes de maio”.


Todos os anos, explicou a a nacionalista, "repiten o mantra de que hai 7.000 persoas traballando no monte cando resulta que se analizamos o Plan Pladiga, a Xunta inclúe nesa cifra prazas sen cubrir, vacantes, e medios aéreos que este ano non van realizar ningún labor".


OPERATIVO

Pola súa banda, a conselleira defendeu o operativo antiincendios previsto polo Goberno galego, que permitirá afrontar "con total normalidade" o inicio da campaña de alto risco de incendios que comeza oficialmente este venres.


A titular de Medio Rural sinalou que o dispositivo está composto por 15 helicópteros (aos que hai previsto sumar outros 3 de extinción e un de coordinación) e 4 avións. A conselleira sinalou tamén que se dispoñen de 32 brigadas helitransportadas, o que permitirá que haxa máis efectivos apagando o lume sobre o terreo.


PREVENCIÓN

A conselleira tamén resaltou a importancia da prevención: “A Xunta fai prevención todo o ano pero os donos das fincas teñen o deber de manter limpas as súas parcelas”, sinalou Vázquez xa que o 98% da superficie de Galicia está en mans de particulares: “Non se trata só dunha vixilancia continuada, tamén da concienciación”.


Seaga

Respecto á situación do persoal de Seaga a conselleira salientou que este operativo, composto por 125 brigadas, é un dispositivo de reforzo para períodos de risco alto e, polo tanto, a única causa posible de prolongación de xornada é unha situación de incendio. 

relacionada Os brigadistas de Seaga vense "represaliados"
relacionada Os traballadores de Seaga traballaron 35 días de menos o verán pasado
relacionada ​A Xunta esgrime o aforro económico para xustificar a privatización da loita contra o lume
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE