#Claves de la semana

​A Xunta esgrime o aforro económico para xustificar a privatización da loita contra o lume

Aseguran que as tarifas de Seaga "non son máis baratas".


|

Loitalume


A Xunta recoñece abertamente que este ano ten contratado empresas privadas para labores de prevención de incendios en lugar de dar máis carga de traballo á pública Seaga. Pero non cree estar cometendo un erro, xa que asegura que as tarifas de Seaga "non son máis baratas".


Así o defendeu o director xeral de Ordenación e Produción Forestal, Tomás Fernández-Couto, que asegurou en comisión parlamentaria que "non sempre os traballos da administración son os máis baratos nin os máis eficaces", explicando "non é máis caro contratar fóra que por Seaga". "Non entendo ese empeño de que é máis barato facer con brigadas de empresas públicas os traballos", sentenciou.


Neste senso, asegura que a Xunta realizou 48 expedientes de obra menor, "publicados na plataforma de contrato de Galicia", que recibiron 1.976 ofertas de diferentes empresas, con "transparencia". Así mesmo, Fernández-Couto afirma que se conseguiu unha redución media do 38% no custo das actuacións, que se centran en empregar maquinaria para traballos cos que "se multiplican" as hectáreas sobre as que se actúan.


Todos estes argumentos respondían a unha pregunta de AGE na que Antón Sánchez acusou á Xunta de "privatización" dos servizos contraincendios, coa adxudicación de máis de 100 contratos polo procedemento "negociado sen publicidade" para limpeza de montes, rozas e melloras en pistas por "varios millóns".


Todo iso, mentres "ten unha empresa pública especializada" nestes labores, cuxos empregados "levan anos reivindicando máis carga de traballo". Segundo denuncia Antón Sánchez, a Xunta elixe a privatización "sen que haxa ningunha xustificación", á vez que "se recorta a posibilidade de consolidarse como traballadores do sector público" aos empregados de Seaga que traballan "uns tres meses" ao ano.


PROPOSTA SOBRE SEAGA REXEITADA


Como consecuencia, o grupo popular volveu rexeitar unha iniciativa do BNG apoiada polo resto da oposición, na que se reclamaba incrementar a carga de traballo de Seaga  a través da ohibición de subcontratas, co fin de que os traballadores teñan un período mínimo de traballo efectivo de seis meses ao ano.


Así mesmo, a iniciativa denegada tamén pedía reorientar a política de prevención de incendios forestais, co obxectivo de evitar unha sobrecarga no período de alto risco.


Durante o debate, Tereixa Paz (BNG) arremeteu contra a Xunta por "privatizar" a xestión de traballos forestais, con traballadores de Seaga "no paro e en casa durante nove meses", á vez que acusou ao Goberno galego de "unha actuación premeditada" para unha "descapitalización" da empresa pública.


Neste sentido, Pablo García (PSdeG) criticou que a Xunta "durante sete anos quería eliminar esta empresa pública", mentres fomenta as brigadas municipais, que "son as que máis recursos reciben para extención de incendios". Unha xestión do PP contra o lume que considera "menos eficaz e operativa", e que é "moito máis cara".


Durante o debate desta iniciativa, Antón Sánchez (AGE) censurou que a Xunta xestiona de "forma vergoñosa" os traballos contraincendios, nos que "gasta cada vez máis" para que empresas "fagan negocio".


Pola súa banda, César Fernández (PP) explicou a negativa do seu grupo sinalando que esta é unha "iniciativa reiterada ao longo do tempo", polo que os populares non van cambiar a súa posición.

relacionada ​Traballadores de Seaga reclaman ante a Xunta “os mesmos dereitos que o resto”
relacionada ​Unha marcha denuncia o uso da empresa pública Seaga como “unha ETT”
relacionada La Xunta pretende reducir un 8% los incendios forestales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE