#Claves de la semana

​Traballadores de Seaga reclaman ante a Xunta “os mesmos dereitos que o resto”

Chegaron ata Santiago nunha marcha reivindicativa que arrancou en Pontecesures


|



Traballadores de Seaga, empresa pública que se ocupa entre outras cousas da extinción de incendios forestais,camiñaron esta mañá dende Pontecesures ata Santiago de Compostela, nunha marcha reivindicativa coa que pretendían denunciar as condicións laboráis “vergoñentas” que mantén os “apenas 500 traballadores” desta empresa “dos 2.000 que chegou a haber hai sete anos”.


Denuncian que tan só son contratados durante tres meses o ano e que carecen dun convenio colectivo que os dote dos “ mesmos dereitos que o resto de traballadores" da Xunta no sector, a pesar de que realizan "o mesmo traballo que os traballadores da Xunta" sen cobrar xornadas nocturnas ou horas extras e cun salario "200 euros por baixo".


O presidente do comité de empresa en Pontevedra, Josafat Puente, recalcou que “o traballo é o mesmo, o risco é o mesmo e, o que non pode ser, é que nós non teñamos os mesmos dereitos que o resto de traballadores criticando que a proposta da empresa pública para un convenio pasa por "baixar o salario 150 euros". "Despois de todo este tempo sen traballo digno non pode ser que a proposta da empresa sexa baixarnos o soldo", criticou.


VARIOS CORPOS


Os traballadores, apoiados pola CIG, denuncian que a Xunta incumpre de forma "deliberada" a lei de funcionamento e racionalización do Estado e a Administración galega (Lofaxga), na que se recolle que todos os entes e empresas públicas adaptaran a súa condicións ás contempladas no V Convenio.


Ademais dos períodos de contratación de tres meses, denuncian a falta de definición nos labores de extinción, cun total de 11 entes (dependentes da Xunta, concellos e Estado, entre outros) que traballan de forma independente e que fan que o cadro de persoal de Seaga se recortase nos últimos anos desde 2.000 traballadores a 500.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE