Os brigadistas de Seaga vense "represaliados"

|

Seagatraballadoresincendios


Traballadores de Seaga concentráronse ás portas do Parlamento para volver reivindicar traballo para a empresa pública, "un conflito que, cada ano se reitera". Esta tarde, a oposición pregunta na Cámara as razóns polas que se contrata empresas privadas sabendo a situación de Seaga e pola sentenza que obriga a contratar o persoal descontinuo de Seaga mentres dura a campaña de alto risco de incendios.


O secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, referiuse á sentenza do TSXG segundo a que poden reclamar os soldos dos 35 días que deberían ter traballado o ano pasado e que a Administración autonómica lles recurtou. Calculan que, en total, a suma pasa do millón de euros. "Sería bo que se fixera público o diñeiro que se ten gastado en pleitos cos traballadores de Seaga, que podo asegurar que supera, en bastante, o millón de euros", asegurou, para engadir que, na práctica, "as supostas medidas de aforro non se dan".


A Conselleira de Medio Rural anunciou onte que este xoves levará a encomenda de contratación ao Consello da Xunta, pero non llo comunicou aos comités, que denuncian que "montar o dispositivo na empresa pública leva mínimo 15 días, non hai nada feito e todo da pé a entender que é unha manobra completamente intencional da Consellería de Medio Rural". Personalizan o conflito na figura de Tomás Fernández Couto, ao que acusan de "priorizar a represalia aos traballadores de Seaga sobre a loita contra os incendios".


Josfat Puentes, presidente do comité de Seaga en Pontevedra, lamentou que despois de anos negociando, "agora hai un novo Plan de Desenvolvemento Rural, con 11 millóns de euros que se adxudicaron a empresas privadas e sae o señor couto en televisión dicindo que a empresa privada é máis barata que nós". "Nós tamén queremos saber eses números. Non vale de nada que un señor diga que a empresa privada é máis barata cando non pón os números enriba da mesa", insistiu.


Ao tempo, recordou que están "todos sen contratar, onte xa houbo lumes e seguimos na casa".


Pola súa parte, Héctor López, presidente do comité de empresa de Lugo incidiu na "precariedade" que supón traballar só tres meses ao ano. "O ano pasado tivemos cento e pico baixas, e este anos agardamos as mesmas ou máis. A rotación supón un detrimento do servizo en canto a profesionalidade e eficacia nos incendios, porque a xente que entra ten que aprender".


Peter Brea, membro do comité da Coruña atacou a "situación insostible" que provoca ese curto período e incidiu en que a sinatura da encomenda "non significa que vaiamos traballar xa, significa que retrasaron todo o posible a contratación."

relacionada Os traballadores de Seaga traballaron 35 días de menos o verán pasado
relacionada ​A Xunta esgrime o aforro económico para xustificar a privatización da loita contra o lume

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial
Powered by Bigpress