Os traballadores de Seaga traballaron 35 días de menos o verán pasado

|

Seaga3


Uns 560 brigadistas de Seaga poden reclamar a contía correspondente a uns 35 días de traballo correspondentes á campaña contra incendios de verán do ano pasado, segundo destaca a CIG, por mor da sentenza da sala do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) coñecida a semana pasada.


Este martes informaron sobre ela nunha rolda de prensa na cidade da Muralla o responsable de administración autonómica da CIG en Lugo, Gerardo Alvaredo, e o presidente do comité de empresa, Héctor López. A intención da central sindical é que todos eles saiban que poden reclamar que se lles aboen as cantidades correspondentes a eses 35 días, que cifran entre 1.400 e 1.600 euros para un posto de peón -o máis abundante-.


En concreto, o TSXG declarou o dereito do persoal con contrato indefinido descontinuo da empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a que os seus períodos de actividade coincidan, "cando menos", cos períodos nos cales se atope vixente a orde de execución das encomendas administrativas subscritas pola empresa coa consellería competente da Xunta, no referente á prevención e extinción de incendios nos períodos de perigo alto.


Esta sentenza responde a unha demanda sobre conflito colectivo interposta pola CIG contra a empresa pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga). "Seaga, no ano 2015, atrasou os chamamentos do persoal durante 20 días e adiantou a finalización dos contratos en 15 días. En total, Seaga privou do dereito para traballar e a cotizar aos máis de 500 operarios da empresa, un total de 35 días, cuxos atrasos terá que satisfacer tras a publicación da citada sentenza", destacou a semana pasada a CIG.

relacionada ​A Xunta esgrime o aforro económico para xustificar a privatización da loita contra o lume
relacionada ​Traballadores de Seaga reclaman ante a Xunta “os mesmos dereitos que o resto”
relacionada ​Medio Rural contratará cuatros helicópteros contra incendios para suplir a cinco aviones
relacionada ​Extinguido de madrugada un incendio no concello de Toques

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress