#Claves de la semana

Alexandra Fernández súmase ás voces que piden un paso máis para En Marea

A deputada opina que a candidatura para as autonómicas debe ser "unha superación da coalición" que se debe mirar "no espello das mareas municipalistas".


|


Alexandrafernandez


A deputada de En Marea Alexandra Fernández defendeu que o proceso da confluencia para as galegas "supere a coalición" actual axuntando outros sectores políticos e sociais e, na liña que manifestou en días pasados o portavoz nacional de Anova, Xosé Manuel Beiras, recuperar o espírito do 15M e do Nunca Máis. "Se hai rúas mansas, non vai haber un palacio rebelde", manifestou.

"Facer que esta confluencia sexa unha superación da coalición para mirarnos no espello das mareas municipalistas, que son espazos onde a xente que non ten ningún tipo de inscrición partidaria pode sumar ao proceso", manifestou nunha entrevista en TVE, na que remarcou que primeiro debe ter lugar o "proceso" e, como consecuencia del, será a elaboración da candidatura.

Precisamente, este martes os alcaldes das mareas municipalistas que gobernan nas cidades -Jorge Suárez (Ferrol), Xulio Ferreiro (A Coruña) e Martiño Noriega (Santiago)- fixeron un chamamento público conxunto cun manifesto que vai na liña de mellorar a coalición de En Marea, aproveitando marca e labor realizada, sumando o traballo do espazo político de Mareas en Común, que xa ten unha metodoloxía de primarias e código ético plasmada en documentos.

Na súa intervención, Alexandra Fernández sinalou que as eleccións autonómicas xera as súas "dinámicas propias" e afirmou que o que "teñen claro" é que para estas eleccións "En Marea vai ser unha peza chave que ten que estar para liderar o cambio político en Galicia". "E vai depender moito de nós, da capacidade de liderar unha confluencia que renove esa ilusión e tamén a mobilización das rúas, porque cremos tamén que é unha parte importante", dixo.

Preguntada por cando cre que haberá un candidato para as galegas, dixo que espera "canto antes", pero matizou que depende tamén da configuración do proceso. "Ata agora abriuse mediante un acordo de partidos que foi o que nos trouxo ata aquí con Podemos Galicia, Esquerda Unida e Anova, e temos que dar un paso máis aló", expresou. En todo caso, lembrou que "a cronoloxía lóxica" é contar co proceso e logo elixir candidato.

"IMPRESCINDIBLE SEGUIR SUMANDO ACTORES"
Para Alexandra Fernández, é "imprescindible seguir sumando actores políticos a non só a nivel partidario, senón que se abre un período no que "hai que renovar esa ilusión". "Sabemos que o cambio politico nas institucións ten que vir acompañado dun cambio politico que se demande tamén nas rúas e, por tanto, se hai unhas rúas mansas pois non vai haber un palacio rebelde", agregou.

A deputada electa de En Marea dixo que "hai que abrir o espazo aos movementos sociais, ás asociacións culturais, o movemento obreiro, o movemento agrario...". "Todo ese espazo, que

é complexo e que en Galicia ten moito potencial e ten unha rede articulada", apostilou.

A este respecto, considerou que hai que "ser capaces de crear un espazo flexible, que sexa capaz de recoller a toda esa xente que sente identificada cun proceso de cambio político, pero non ten ningunha adscrición partidaria".

"Por tanto, o que estamos a facer é seguir abrindo espazo e seguir acumulando forzas, que é o que levamos facendo desde o 2012 cando empeza Alternativa Galega de Esquerda, despois as mareas municipalistas e (agora) isto. Eu véxoo máis que, como unha porta que se abre nun escenario puntual, un proceso de acumulación; e temos que enfocalo nese sentido", sentenciou.

CHAMA AO PSOE
Alexandra Fernández afirmou, ademais, que se "o PSOE quere mirar á esquerda" a súa candidatura estará "coas portas abertas ao diálogo" e que mantén a súa man tendida cara a un pacto de esquerdas. A deputada manifestou que "o pacto entre PSOE, Unidos Podemos e as confluencias como En Marea, En Comú e Á Valenciana, sería o ideal", pero que o PSOE "non dá visos de querer pactar mirando cara á esquerda".

relacionada ​El consejo ciudadano de Podemos cambia el guión dibujado por Carmen Santos
relacionada ​Os tres alcaldes das mareas achandan o camiño da confluencia
relacionada ​Jorge Suárez: "Non había unha relación pacífica entre as partes"
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE