​Lugo sofre inundacións e problemas de tráfico polas tormentas de verán

|

GranizadaAP9

As tormentas rexistradas na tarde deste mércores en distintos puntos de Galicia, algunhas acompañadas de saraiba e vento, ocasionaron problemas de circulación e inundacións en varios concellos da provincia de Lugo.


Segundo os datos do CAE-112 Galicia, os concellos máis afectados por estas incidencias foron os de Palas de Rei, Guitiriz, Monterroso, O Corgo e Castroverde.


En concreto, unha forte saraibada afectou á circulación da A-6 ao seu paso por Guitiriz, o que obrigou aos condutores para reducir considerablemente a velocidade e fixo necesaria a intervención dos Bombeiros de Vilalba.


Ademais, rexistráronse inundacións en vivendas e baixos en lugares como a Avenida de Santa Lucía de Monterroso, ou a parroquia de Parga de Guitiriz, onde e alagou un restaurante.


Finalmente, o 112 recibiu varias chamadas de veciños de Pas de Reis que informaban da caída de árbores, algúns deles entorpecendo a circulación, como na LU-231. Tamén en Palas de Rei, as choivas fixeron que se desbordase unha fosa de xurro no lugar e Santín, afectando a unha estrada municipal.


PREVISIÓN METEOROLÓXICA

Galicia continuará este xoves baixo influencia anticiclónica, con algunha inestabilidade ocasionada pola presenza de aire frío nas capas altas e medias da atmosfera. Así, aínda que pola mañá domina o ceo despexado, excepto no terzo norte e sueste onde hai algunhas nubes baixas, pola tarde crecerán as nubes de evolución, que poden deixar chuvascos illados.

relacionada Una fuerte granizada provoca cuatro accidentes en la AP-9
relacionada A choiva provoca inundacións e caos na provincia da Coruña

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress