O cemiterio de Oza acollerá unha homenaxe ao guerrilleiro Manolito Bello

|

Bello

O cemiterio de Oza (A Coruña) acollerá este luns ás 17,00 horas unha homenaxe a Manolito Bello, un guerrilleiro antifranquista que foi condenado á morte hai 70 anos, e cuxa figura se converteu en referencia para a resistencia da cidade herculina.


Segundo sinalou a Comisión Recuperación de Memoria Histórica (CRMH), a última vontade do mozo coruñés, asasinado con tan só 21 anos, foi que na súa tumba colocásese unha estrela de cinco puntas conformada por caraveis vermellos. Durante anos, o propio cemiterio de Oza viu como un ramo de cinco caraveis aparecía colgado nun cravo encima da súa tumba, a pesar da vixilancia da Garda Civil da época.


Tras a súa morte, un grupo de persoas, entre as que se atopaba a súa noiva Carmiña, entraron despois do horario de peche no cemiterio e colocaron a estrela. Ao día seguinte, cando os axentes vena, deciden rodear o lugar e facer garda permanente durante días.


Manolito Belo e a súa familia foron vítimas da represión fascista da cidade coruñesa. Por ese motivo, entra a formar parte das mocidades do Partido Comunista Español (PCE) na clandestinidade e foi detido por primeira vez en 1945, con 20 anos, por elaborar panfletos políticos.



Manuel Luís Bello Parga, mais coñecido como Manolito Bello, nace o 13 de xaneiro de 1925 na Coruña, na rúa Monelos. Dende moi novo é testemuña da represión brutal que exerce o fascismo na súa cidade e da que é vítima tamén a súa propia familia. Pertence a unha xeración de xente nova que, a pesar de non ser protagonista da guerra, non se adapta e dobrega á nova situación que representa a ditadura.

Entra a formar parte das JSU (as xuventudes do PCE) que se están reorganizando na Coruña, iniciándose a súa militancia na clandestinidade. É detido por primeira vez no 1945 e condenado por un delito de rebelión militar pola elaboración de panfletos políticos. A principios do ano 1946, estando en liberdade provisional, ingresa na guerrilla do alto, formando parte da IV Agrupación do Exercito Guerrilleiro de Galicia.


A finais de maio do 46 a guerrilla decide realizar un acto de sabotaxe na Coruña consistente na colocación dun artefacto explosivo no edificio da Falanxe. Manolito formará parte do destacamento encargado da misión, pero a acción queda abortada por atoparse dentro do edificio o conserxe. No momento da retirada sofren na rúa Rubine unha emboscada da Garda Civil. Nese momento pasa casualmente pola rúa, dirixíndose ao local de El Ideal Gallego, Arcadio Vilela, un dos membros dos tristemente coñecidos Caballeros de La Coruña, que colaboraba na sección de deportes deste xornal. Son as once e media da noite e Vilela atopase en medio dos disparos, corre entón a refuxiarse cara ao portal do Ideal onde o tirotean mentres sube as escaleiras.


Manolito é o único detido e é inmediatamente acusado de matar a Vilela. Os feitos teñen unha gran repercusión e o réxime actúa cunha gran dureza, aproveitando a ocasión dunha maneira propagandística, como intento de escarmento á guerrilla. Manolito Bello está condenado a morte desde o mesmo momento da súa detención e a súa causa convertese nunha pantomima sen ningún tipo de garantías, acelerándose escandalosamente os prazos do proceso para evitar o indulto e acalar de paso os rumores que falan de fogo amigo.


O 11 de xullo de 1946 é asasinado a garrote vil na cárcere da Coruña despois de ser vítima de maltrato e torturas. Tiña 21 anos. A súa figura convértese en unha referencia para a resistencia antifranquista e, no seu honor, un batallón do exercito da guerrilla levará o seu nome.

Os cinco caraveis vermellos


Unha das últimas vontades de Manuel Bello foi que na súa tumba se lle colocara unha estrela de cinco puntas feita con caraveis vermellos. Un grupo de persoas entre os que estaba Carmiña, a noiva de Manolito, poderán colocar a estrela grazas á axuda do empregado do cemiterio de Oza, que lles abre a porta despois do horario de peche. Ao atoparse ao día seguinte a estrela colgada na lápida e pensando que os guerrilleiros saltaran o muro pola noite, a Garda Civil reacciona rodeando o cemiterio e facendo garda permanente durante os días seguintes. Esta desproporcionada e absurda demostración de forza que non vai impedir que, durante moitos anos, tódalas semanas, apareza un pequeno ramo de cinco caraveis vermellos colgado nun cravo situado encima da súa lápida.  

relacionada Atopan na Pobra do Brollón os restos de dous asasinados polo franquismo
relacionada A Deputación de Pontevedra eliminará símbolos e distincións relacionados co franquismo

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress