#Claves de la semana

​Un equipo da USC avanza nunha posible cura para o fígado graxo

Veñen de descubrir unha vía pola que o cerebro pode regular o metabolismo no fígado para mellorar a inflamación e a acumulación de lípidos no órgano.


|

Investigadoresusc

Rubén Nogueiras xunto con Mónica Imbernón e Estrella Sánchez (USC).


Investigadores da Universidade de Santiago de Compostela, encabezados polo profesor Rubén Nogueiras -experto en temas relacionados coa obesidade e a diabete tipo 2- acaban de descubrir un mecanismo cerebral que pode axudar a curar a enfermidade do fíagado graxo. Como sinala un comunicado da USC, a doenza está moi asociada á obesidade, á diabete II ou ao alcolismo. “É unha enfermidade progresiva que pode acabar desencadeando un cancro de fígado e para a que aínda non hai tratamento”, explica Rubén Nogueiras.


O equipo traballou polo momento con ratos, pero atoparon unha vía para regular o metabolismo no fígado con independencia dos cambios na inxesta de alimentos ou o peso corporal. Mediante o uso de substancias opioides, o seu traballo "produce unha mellora tanto na inflamación como na acumulación de lípidos no fígado". A pesar de que estas substancias, coma a morfina, se usan clasicamente para calmar a dor, Rubén Nogueiras aclara que tamén modulan "o sistema de recompensa do cerebro", o que explica a incidencia no comportamento humano e animal, tamén no relativo á alimentación.


O achado cobra maior relevancia tendo en conta que nos Estados Unidos se aprobou un fármaco que, a través do mesmo sistema, é capaz de reducir o peso en pacientes obesos.


Os resultados acaban de ser publicados na revista de alcence mundial Hepatology, nun artigo que ten como primeiras asinantes as investigadoras da USC Mónica Imbernón e EstrellaSánchez-Rebordelo, aínda que tamén participaron outros investigadores da USC e doutros centros nacionais e internacionais.

relacionada ​Envellecer mellor ou peor é, en parte, xenético
relacionada ​Investigadores da USC patentan unha instalación para revalorizar o sangue
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE