#Claves de la semana

​O Sergas dá os primeiros pasos para deseñar o Plan de Prevención do Suicidio

A Consellería convocou a primeira xuntanza dun grupo de traballo formado por profesionais de distintas especialidades sanitarias e de asociacións de saúde mental.


|

Prevencionsuicidio

O Movemento Galego da Saúde Mental (MGSM) anuncia que, desde a semana pasada, está en marcha a formación pola Consellería de Sanidade do grupo de traballo que deberá elaborar o Plan de Prevención do Suicidio. A plataforma felicítase por conseguir que a Xunta recoñeza a importancia do problema e "asuma" a busca de solucións.


A través dun comunicado, o MGSM lamentan "tres anos perdidos e tantas propostas rexeitadas", pero salientan que "foi e será un esforzo útil". "De seguro que a convocatoria deste grupo é consecuencia do traballo da xente", que, anuncian, non afrouxarán, "ata ter un plan que siga as orientacións da OMS".


Á primeira xuntanza dese grupo están convocados os xefes de servizo de Psiquiatría do SERGAS e outro de Atención Primaria, o xerente de FEAFES, a directora do IMELGA, o director do 061 e dous facultativos máis das EOXI de Ourense e Santiago.


A plataforma atribúe o cambio de posición do Executivo á campaña reivindicativa e de sensibilización 'Badaladas pola prevención do suicidio', unha "chamada" que foi "engadindo xente, organizacións, institucións..." e que recibiu tamén o apoio de SOS-Sanidade Pública.


"Imos ver cara onde se quere ir dende a Consellería e cal é o seu grado de xenuíno compromiso máis alá das circunstancias electorais", advirten.

relacionada Miguel Anxo García (MGSM): "Calquera cifra de suicidio evitable é unha cifra que temos que considerar esaxerada"
relacionada Chaman a actuar ante o elevado índice de suicidios en Galicia
relacionada Los médicos lideran el ranking de suicidios por profesión
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE