Atentado en Niza: un camión atropela unha multitude e causa 84 mortos

|


Descarga 1


Non hai constancia ata o momento de vítimas galegas nin do resto de España no atentando de Niza no que faleceron 84 persoas atropeladas por un camión no turístico Paseo dos Ingleses. Así o sinalou o ministro de Exteriores en funcións, José Manuel García Margallo, a RNE.

ELÉVASE O NÚMERO DE VÍTIMAS


O ministerio do Interior de Francia elevou á primeira hora deste venres a 84 os mortos ao ataque en Niza. O fiscal de París, François Molins, comunicou pola tarde que ao redor dunha decena dos falecidos son nenos e adolescentes e que o número de feridos en "estado de urxencia absoluta" subiu a 52, 25 dos cales están en reanimación. Dixo tamén que o elevado número de feridos pode obrigar a "revisar á alza" a cifra de falecementos.Mentres, seguen 54 nenos ingresados no hospital infantil Lenvan de Niza.


O fiscal dixo tamen que Mohamed Lahouaiej Bouhlel, autor do "ataque terrorista", era "un total descoñecido para os servizos de Intelixencia", a pesar de que estaba fichado por delitos comúns.


Os motivos que trouxeron a Bouhlel a atentar aínda son un misterio para as autoridades francesas, a pesar de que, tal e como recoñeceu Molins, seguiu os consellos que aparecen nos manuais xihadistas. "A investigación determinará se tivo cómplices e os seus eventuais vínculos con organizacións terroristas islamistas", subliñou.


Ademáis, no camión encontraron una pistola automática, un cargador, cartuchos, unha segunda pistola automática falsa, dúas réplicas de fusís de asalto, unha granada e un teléfono móbil, xunto con unha bicicleta e palets.


PERCORRIDO MORTAL


Molins aproveitou a comparecencia para dar detalles dos feitos. Explicou que o camión percorreu ata dous kilómetros polo Paseo dos Ingleses. Tres policías dispararon contra o vehículo para intentar detelo, pero puido avanzar outros 300 metros máis ata que os axentes conseguiron abatir o condutor, que faleceu na cabina.


No paseo dos Ingleses de Niza á altura da praza de Masséna, as persoas congregadas esperaban ver os fogos artificiais que ían servir de peche ás celebracións do Día Nacional.


Niza 1 1


ESTADO DE EMERXENCIA


O presidente do país, François Hollande, estendeu tres meses máis o estado de emerxencia, declarado despois dos atentados de novembro en París, indicando que "non se pode negar o carácter terrorista" do atropelo.

España, pola súa banda reforzou a fronteira con Francia.O ministro de Interior en funcións, Jorge Fernández Díaz, explicou que segue existindo un "risco elevado" de comisión de atentado terrorista pero subliñou que "estamos máis preparados que nunca".

En canto á autoría do ataque, o ministro español ha chamado á prudencia ata ter máis información. "O máis probable é que sexa Daesh, pero agora non se pode confirmar", subliñou.

ATENTADOS ABORTADOS EN ESPAÑA


"Loxicamente, como unha fera ferida, tenta dar poutadas maiores que poida unha vez que se sente acosada e dalgunha maneira acurralada", explicou sobre Daesh, que segundo lembrou utiliza "os medios que sexan posible, dos máis sinxelos aos máis complexos, para producir o maior dano posible e provocar o maior dano posible, o maior pánico posible".

"Estamos nun risco elevado de comisión de atentado terrorista e non oculto que é a profesionalidade dos nosos servizos antiterroristas os que abortaron non poucos deses intentos de atentado no noso país. Oxalá podamos seguir así nun futuro", explicou.


Neste sentido, lembrou que desde que se elevou a nivel 4 nunha escala de 5 o nivel de alerta antiterrorista en xuño do pasado ano.

ATENCIÓN A ESPAÑOIS


O Ministerio de Asuntos Exteriores e de Cooperación habilitou varios teléfonos de información  tanto para afectados como para familiares. Os teléfonos de emerxencia consular en Marsella son o 0608717988, se se chama desde Francia, e o 00 33 608717988, no caso de que a chamada se efectúe desde España. Así mesmo, habilitouse outro teléfono desde Francia para a atención de familiares e vítimas: 0493722222.


ESCENAS DE PÁNICO


Según 'Nice Matin', un diario local, se han producido escenas de pánico entre la población, que ha comenzado a correr en todas direcciones. Las fuerzas del orden, militares incluidos, han establecido un perímetro de seguridad.


Niza 2 1



Nicolas Sarkozy expresou en Twitter a súa "profunda emoción" e "solidariedade contra o atentado de Niza".




Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress