#Claves de la semana

​O Comité de Defensa do Monte Galego critica que falta prevención contra incendios

"Os incendios apáganse todo o ano", reprochan, mentres insisten en que ata agosto non estarán prepadaros as devasas.


|

Defensamontegalego

Concentración en Ourense en defensa do monte galego.


O Comité de Defensa do Monte Galego denuncia o atraso nos labores de prevención contra o lume, á vez que avisa que "os incendios apáganse todo o ano". Por iso, reclama á Xunta traballos preventivos "ao seu debido tempo" no canto de "apostalo todo a unha carta", en referencia aos gastos en extinción de incendios. Para os traballadores, solicitan, sobre todo, máis gasto en "formación" e nos seus "equipamentos básicos".


Xosé Santos, portavoz do Comité de Defensa do Monte Galego, denuncia que "na ampla maioría dos concellos" galegos "non hai ningunha brigada contratada". Por tanto, critica as palabras da conselleira de Medio Rural nas que afirmou esta semana que o proceso de contratación das brigadas municipais "vai a un ritmo suficientemente bo" como para completar un operativo que superará as 7.000 persoas este verán. Ao seu xuízo, "as manifestacións da conselleira non son certas a día de hoxe".


"A CONSELLERÍA MENTE OU ALGUÉN OS ENGANA"


"A Consellería e os responsables da Consellería menten ou alguén os engana", sostén, xa que "non están os 7.000 membros do operativo de prevención de incendios" e "non se fixeron os traballos de prevención", censurou Santos.


Ademais, insistiu en que as propias empresas do sector comunicaron ao Comité de Defensa do Monte Galego que non haberá traballos de prevención ata agosto "polos tempos legais establecidos pola lei de contratación".


O Comité criticou que o Executivo galego gaste "preto de 180 millóns de euros", o equivalente ao orzamento anual do Concello e a Deputación de Ourense, "unicamente en extinción" de incendios no canto de en políticas de prevención e coidado do Medio Ambiente.


"Está a apostarse todo a unha carta", criticou Xosé Santos, quen reclamou unha volta ao antigo calendario forestal, no que se traballaba en función ás estacións do ano e que supoñía que nestas datas xa estaban terminados os traballos preventivos e a preparación das devasas e franxas sen vexetación para frear aos incendios.


Santos tamén demandou unha aposta pola formación dos traballadores e polos equipamentos básicos, que considerou que están "obsoletos" na actualidade.


Así, referiuse á posta en marcha dun novo sistema de comunicación dixital para os traballadores das brigadas. Santos asegurou que "se compraron os equipos, pero non se asesoraron na Escola de Comunicacións de Vigo", onde algúns dos técnicos consultados polo Comité sinalaron que "os equipamentos podían ser mellores".


INVESTIGACIÓN "SERIA E RIGOROSA" DO ACCIDENTE EN SAN CLODIO


Respecto dos feridos no incendio de San Clodio, Ribas de Sil, o Comité mostrar a súa "solidariedade" cos compañeiros e familiares dos feridos. "Esperamos unha pronta recuperación do compañeiro que está na unidade de queimados da Coruña", sinalou Santos.


Tamén se reclamou unha "investigación seria" e "rigorosa" sobre o accidente, coa intención de que "se saquen conclusións e se expoñan os erros que houbo para non repetilos", dixo Xosé Santos.


O Comité lembrou que os feridos son "compañeiros de longa experiencia" e alertou de que "os traballos de extinción son altamente perigosos e necesítase unha formación que non existe, a pesar de demandala continuamente".

relacionada ​UGT demanda que se aclare o accidente no incendio de Ribas de Sil
relacionada Evacúan cinco bombeiros forestais feridos nun incendio en Ribas de Sil
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE