#Claves de la semana

​O Parlamento volverá funcionar o 21 de outubro

O DOG publica hoxe a disolución da Cámara e fixa a data na que sentarán os 75 parlamentarios que saian do 25S. Antes, a campaña será do 9 ao 23 de setembro.


|

Banderamediaasta


O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes o decreto que na pasada xornada asinou o presidente da Xunta polo que se disolve o Parlamento elixido o 21 de outubro de 2012 e se convocan os comicios autonómicos para o próximo 25 de setembro.


Ademais, segundo o decreto rubricado polo máximo mandatario galego, a campaña electoral prolongarase desde o 9 ata o 23 de setembro e a nova Cámara -- como xa adiantou o propio Feijóo cando anunciou a convocatoria-- constituirase o 21 de outubro ás 11,00 horas.


Nela sentarán un total de 75 deputados, dos cales 25 farano en representación dos cidadáns da provincia da Coruña e 22, dos pontevedreses. En canto ás provincias orientais, Lugo e Ourense, contarán con 14 escanos cada unha.


Así mesmo, o DOG deste martes recolle o decreto relativo ás normas sobre os medios materiais que se utilizarán nos comicios autonómicos e outro que fixa as gratificacións e indemnizacións que percibirán os membros da administración electoral e o persoal das mesas.


No primeiro recóllese o tamaño e o tipo de letra que deben ter as papeletas, así como da distinta documentación electoral, e no segundo establécese, por exemplo, que os membros das mesas recibirán 63 euros (71 no caso dos presidentes) polo seu traballo ao longo da xornada.

relacionada Feijóo chama ás urnas o 25 de setembro
relacionada ​Feijóo alimenta as especulacións sobre un adianto ao 25 de setembro
relacionada ​La oposición reprocha falta de palabra por la fecha electoral
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE