PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS
CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
 
PRESSDIGITAL · THE ECONOMY JOURNAL · GALICIAPRESS · CATALUNYAPRESS · VILAPRESS
Publicidad Galego Pressdigital Group
NOVAS EN GALEGO Galego
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora
# Claves de la semana
  • ELECCIONES MUNICIPALES
  • Baltar
  • 28M

​Feijóo alimenta as especulacións sobre un adianto ao 25 de setembro

O presidente anunciou na Coruña que se marca como límite o día de hoxe para "tomar unha decisión". Esta tarde dará a coñecer a data que, previsiblemente, coincidirá coas vascas.

Redacción
Redacción
| lunes, 1 de agosto de 2016, 11:27
  • 0
ARCHIVADO EN | Eleccións autonómicas feijoo Anuncio convocatoria

Feijoorpconsello


Alberto Núñez Feijóo non fará pública ata esta tarde a súa decisión sobre a data na que se celebrarán as eleccións galegas, segundo confirmou a preguntas dos xornalistas.


Na visita á nova escola pública infantil da Sardiñeira, o titular do Executivo galego non quixo desvelar se finalmente convocará as eleccións autonómicas o 25 de setembro, o que as faría coincidir cos comicios vascos, ou en outubro.


Unicamente, ratificou que o fará público esta tarde, unha vez que fale cos membros do Executivo galego. "Temos que decidir o que cremos que é mellor para Galicia e para esta situación atípica e excepcional que estamos a vivir desde o punto de vista electoral en España", puntualizou.


CONTEXTO POLITICO


"Levamos dúas eleccións xerais consecutivas en sete meses e agora tocan dúas eleccións autonómicas a pouca distancia", remarcou ante a confirmación da data dos comicios vascos.


Por iso, comprometeuse a trasladar "no día de hoxe" aos galegos a súa decisión sobre a convocatoria das eleccións galegas. "O día de hoxe non acaba agora", remarcou cun sorriso o titular do Executivo galego. As eleccións débense celebrar entre 54 e 60 días despois de que se publique a convocatoria; polo tanto, de coincidir coas vascas, o anuncio non se pode atrasar máis.


"Pola tarde temos que facer pública a decisión porque o lóxico é que cando o Goberno ten que tomar unha decisión responda". "Pero temos todo o día de hoxe para adoptar esa decisión", recalcou.


"O meu deber é falar coa xente que teño que falar e, posteriormente, que a Xunta faga pública a decisión", apostilou na mesma liña. Preguntado se convocará a unha reunión esta tarde aos membros do seu Executivo, Feijóo eludiu contestar se o fará. "Déixenme facer as cousas cos protocolos previstos", insistiu.


"TEMPOS ELECTORAIS" DISTINTOS


O conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, afirmou na mañá deste luns en Lugo, preguntado sobre a convocatoria das eleccións, que o presidente da Xunta "vai dar unha resposta aos intereses xerais de Galicia", á vez que afirmou que "os tempos electorais do País Vasco e de Galicia son distintos".


Conde, que negou que Feijóo informase ao Goberno galego sobre cando ten previsto anunciar as eleccións, interpelado sobre se se desmarcará da convocatoria de Urkullu no País Vasco para o 25 de setembro, dixo que "absolutamente". "Os tempos electorais do País Vasco e Galicia son distintos", abundou.


"O lehendakari Urkullu convocou as eleccións o 25 de setembro, porque entende que era a mellor opción para os intereses xerais de Euskadi e, loxicamente, o presidente Feijóo vai convocar as eleccións en Galicia dando resposta, única e exclusivamente, aos intereses xerais de Galicia e dos galegos. A iso debémonos como goberno", sentenciou..

relacionada A Feijóo "non lle queda outra" que adiantar as autonómicas
relacionada O anuncio das eleccións vascas condiciona os prazos de Feijóo
  • 0

La única newsletter de sanidad de Galicia

Recibirás próximamente un resumen de información especializada, plural y rigurosa de martes a sábado

Cabeceraultimahora

Miñones y Bugallo encabezan las listas del PSdeG por A Coruña, que aprueba el comité provincial

La primer reunión entre BNG y PSOE para un gobierno en Pontevedra sirve para "delimitar el terreno de juego"

Un agente de la Guardia Civil se lanza al agua en Burela (Lugo) para rescatar a una persona de mediana edad

Ratificadas por el comité provincial las listas del PSdeG por Pontevedra, que encabezan Regades y Carmela Silva

Cabeceralomasleido 1
1
Las redes sociales se ceban con el físico de la leyenda del Deportivo de La Coruña Diego Tristán
2
Faltan vigilantes de seguridad en los juzgados de Vigo, Cangas y Lalín; alterta UGT
3
¿Pacto implícito entre Jácome y el PP? Con no agredirse y mandar a Cabezas al Senado les basta
4
Galicia, entre dos aguas: el beef entre Cabreiroá y Fontecelta viraliza la campaña publicitaria
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE
CLABE
  • Portada
  • Política
  • Sanidad
  • Economía
  • Deportes
  • Cultura
  • Opinión
  • Movimientos
  • Galicia en Red
  • Última Hora