#Claves de la semana

O anuncio das eleccións vascas condiciona os prazos de Feijóo

O lehendakari comunicoulle esta tarde ao presidente da Xunta o adianto ao 25 de setembro da data dos comicios autonómicos. Segundo Urkullu, Feijóo trasladoulle que aínda non fixou o día.


|

Feijoourkullu

Urkullu e Feijóo, nun encontro no Pazo de Ajuria Enea.


Alberto Núñez Feijóo dixo esta mañá  que prevía falar "de inmediato" co lendakari vasco, Íñigo Urkullu, e, aínda que subliñou que ambos teñen a competencia "indelegable" de elixir data para os comicios nas súas respectivas autonomías, tamén cre que a ambos lles gustaría "coincidir".


"O lendakari ten que exercer as súas competencias e o presidente da Xunta, as súas. Creo que aos dous nos gustaría coincidir, pero a competencia indelegable de decidir unha data téñena os presidentes galego e vasco, escoitados os seus respectivos gobernos", sinalou Feijóo, quen evitou de novo concretar que domingo ten en mente para as galegas que, ata agora, situara en outubro.


Urkullu anunciou este mediodía que adianta ao 25 de setembro as elección autonómicas vascas. Defendeu a data por ser, dixo, a "máis conveniente e idónea" para "os intereses do país", dada a "inestabilidade no escenario político de España" e unha vez que considera cumprido o programa de Goberno. Na súa comparecencia na Lehendakaritza, Urkullu asegurou, que é unha "decisión moi meditada, froito dunha reflexión profunda e compartida".


"IMOS A ESPERAR O QUE DIGA O LEHENDAKARI"


Íñigo Urkullo informou esta tarde a Feijóo da súa decisión de establecer o 25 de setembro a data das eleccións vascas. Fíxoo porque ambos os dous dirixentes barallaron hai uns meses a posibilidade de facer coincidir os comicios na mesma data, como ocorreu hai catro anos. Segundo o lehendakari, o presidente da Xunta trasladoulle que, no seu caso, aínda non decidiu o día para as eleccións galegas..


Pola mañá, Feijóo, nas súas declaracións aos medios no corredor da Cámara, remarcou que "nas próximas semanas ou nos próximos días" concretaranse "as datas". "Neste momento o que podo dicir é o que dixen onte, non hai novidades desde o día de onte", aseverou. "De momento, eu ao lendakari non lle escoitei en privado nin en público unha data, e en consecuencia imos esperar ao que diga o lendakari e o presidente da Xunta", apelou.


RUEDA INSISTE EN QUE AS GALEGAS SON EN OUTUBRO


Tamén antes de que se coñecese a decisión do presidente vasco, Alfonso Rueda insistiu en que Feijóo "sempre dixo que se procuraría coincidir, pero procurar é unha cousa e a coincidencia é outra". Así, defendeu que as autonómicas en Galicia manteñen a data aproximada: "dixemos que ían ser no mes de outubro e en outubro serán"..

relacionada ​Feijóo sigue "prudente" con la fecha electoral
relacionada Feijóo mantén o silencio sobre a data das eleccións galegas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE