#Claves de la semana

Feijóo mantén o silencio sobre a data das eleccións galegas

O presidente segue falando do "outono" e "supón" que volverán coincidir coas de Euskadi. "Non hai ningunha conversa, a pesar da relación cordialísima que mantemos co lehendakari", subliña.


|


Feijooconsello 3


Alberto Núñez Feijóo volve evitar concretar cal será a data ou o mes que elixirá para as eleccións autonómicas de Galicia, aínda que mantén que se celebrarán "cando tocan, no outono". En canto a "que domingo" elixirá para convocar aos galegos ás urnas, asegurou que non o sabe, porque non tomou a decisión.


"Van ser cando tocan e tocan no outono; o domingo de que mes non o sei porque, sinxelamente, non está tomada a decisión. Déixenme que o pense un pouco. A noticia é que as autonómicas teñen un calendario propio e querer saber o domingo concreto é unha curiosidade excesiva. Non hai modificacións sobre o compromiso inicial", sentenciou, tralo Consello da Xunta.


O presidente galego fora preguntado en numerosas ocasións sobre a posibilidade de que se celebrasen xusto a principios do outono, a finais de setembro -no canto de en outubro (cando tocarían de forma exacta) ou mesmo máis tarde-, unha vez que dentro do seu partido hai dirixentes que verían con bos ollos esta posibilidade, na liña de aproveitar o xiro de tendencia a recuperar voto que os populares constataron o pasado domingo.


Con todo, Feijóo avogou por non ser máis concreto e limitarse á referencia de "outono". Iso si, lembrou que dentro do seu partido tamén había voces que lle animaban a facer coincidir as galegas coas xerais do pasado 26 de xuño, unha cuestión que el declinou porque, ao seu xuízo, "non tiña ningún interese para Galicia". "Creo que foi unha decisión responsable non usar a situación da oposición (envolta en conflitos internos e entón sen candidatos sinalados). Agora reitero que o posicionamento segue sendo o mesmo e a referencia é o outono", sentenciou.


"COINCIDIR" CON EUSKADI

En canto a se falará co lehendakari vasco, Ínigo Urkullu, para acordar unha data electoral, Feijóo asegurou que, aínda que polo momento "non hai ningunha conversación establecida", si "supón" que a ambas as comunidades "gustaríalles coincidir". "Levámolo facendo oito anos", esgrimiu, antes de matizar que tamén pode que "non" ocorra.


"Non hai ningunha conversación establecida, a pesar da relación cordialísima que mantemos co lehendakari", subliñou, para concluír que, antes de adoptar unha decisión, "hai que repousar os resultados electorais" e quedan "moitas cousas que facer".


Entre as tarefas inmediatas do Executivo están, por exemplo, a de fixar un teito de gasto e empezar a preelaborar os orzamentos para o próximo exercicio, labor á que Feijóo deu reiteradamente en público moita importancia.

relacionada ​La fecha de las elecciones no dependerá de "intereses partidistas"
relacionada Feijóo, "más esperanzado" en lograr la mayoría absoluta en las autonómicas de otoño
relacionada As Mareas, divididas polo nome que encabezará a lista das autonómicas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE