#Claves de la semana
OS DIAS 13 E 14 DE AGOSTO EN RIÓS (OURENSE)

O Festival das Artes Escénicas de Riós mestura cinema, humor e gastronomía, alcanza a IX edicción

A Castaña de Cristal  de este ano é para gaiteira Susana Seivane


|

13925148 1248017511877746 4517871216118837126 n

Hoxe no Centro Cultural Marcos Varcárcel de Ourense, tuvo lugar a presentación do festival dirixido por Rubén Riós, que se celebrará os próximos 13 e 14 de agosto

 

Avogando pola defensa do rural galego e polo potencial dos mozos destas zonas en materias de interpretación, música e danza, o actor ourensán quixo dar a coñecer a innovación deste ano: unhas xornadas creativas no Centro de Interpretación da Castaña.


Dirixidas a mozos de entre 12 e 17 anos, artistas galegos de primeiro nivel serán os encargados de impartir estes cursos artísticos que terán o seu colofón o domingo pola noite cando xuntos interpreten unha canción sobre o escenario do festival, o mesmo ao que se subirán os actores de teatro Lucía Álvarez e Xoel Yáñez. A súa obra " Viaxe da vida" mostra a realidade daqueles homes e mulleres que tiveron que deixar Galicia en busca dun futuro e que loitaron ata o final pola defensa do rural galego.


A homenaxeada deste ano coa Castaña de Cristal é a gaiteira Susana Seivane que recolle a testemuña de María do Ceo, entre outros. 


O IX Festival das Artes Escénicas de Riós comeza o sábado, 13 de agosto, centrado nesta primeira xornada no cinema,  e seguirá co siguinte PROGRAMA:


Programafestivalderos2016

Sábado 13 agosto:
- Presentación SUPERPUNKI, el Musical
- Documental OS DÍAS AFOGADOS
- Proxección do filme VIDA (22:00h)
- Concerto de FREDI LEIS, SUSANA SEIVANE & PANDERETEIRAS DE RIÓS, DJ FONSI FERNÁNDEZ


Domingo 14 agosto:
- Xogos Infantís
- RUTA DO TALENTO= Bautismo dos castiñeiros XOSÉ NEIRA VILAS (título póstumo) e AFECCIÓNS R.C. CELTA DE VIGO e R.C. DEPORTIVO DA CORUÑA
- GASTROÑAM, xantar entre castiñeiros.
- Esceario Kids. Xornadas Creativas, coa actuación de MIGUEL GUIDO (Teacher dos Bolechas)
- GALA do IX Festival das Artes Escénicas= presentado por LUCÍA RODRÍGUEZ, coas actuacións de CÁNDIDO PAZÓ, XOEL YÁÑEZ e LUCÍA ÁLVAREZ (Teatro Viaxe de vida) - Homenaxe a Xil Ríos
- CONCERTO de XIL RÍOS, TANIA FUEGHO, EMILIO RÚA, DJ FONSI FERNÁNDEZ


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE