#Claves de la semana

Podemos, a favor da confluencia

A militancia da formación morada en Galicia aposta por unha "alianza á catalá" coas mareas para o 25S. Tocará negociar a forma xurídica.


|

Carmensantosvigotwitter

Carmen Santos, durante o anuncio. //@Podemos_Galicia


As bases de Podemos Galicia decidiron, na votación telemática que se desenvolveu ata esta media noite, negociar con En Marea "unha alianza á catalana", en referencia á fórmula adoptada por En Comú Podem.


A secretaria xeral de Podemos Galicia, Carmen Santos, informou en rolda de prensa de que "o 76% apostou por unha alianza coas forzas que nos acompañaron ata aquí". E apostou por que "o 24% que apostaba por ir en solitario vai apoiar igualmente este resultado".


Agora tocará negociar a forma xurídica con En Marea, que se decidiu por un partido instrumental. "Os compañeiros cos que viñemos cara aquí representan unha sensibilidade e nós temén representamos outras que teñen que estar presentes, con forza e non diluídas", defendeu Carmen Santos. E mandou unha mensaxe á marea: "Confiamos en que En Marea siga camiñando con nós. Non vemos factible que separemos os nosos camiños, porque somo forzas irmás"


A secretaria xeral anunciou tamén que intentará agora reunirse con Martiño Noriega e outros actores das mareas, "co outro polo da candidatura de unidade popular", para debater "cómo temos que estar representados todos coa maior xustiza". 


Carmen Santos tamén remarcou que se sinte respaldada pola dirección estatal de Podemos, que está "totalmente a favor" das decisións que toma Podemos Galicia.


relacionada ​Podemos anuncia hoxe se busca unha alianza coa Marea ou vai en solitario
relacionada ​Pactos ocultos y campañas enfrentan a las 'trincheras' de Podemos Galicia
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE