#Claves de la semana

​Unha anciá luguesa reclámalle ao Concello por unha factura de 1.400 euros de auga

A muller ten 82 anos e nega que consumise tal cantidade de auga. Para regar na horta ten un pozo propio.


|

Aguagrifo


Unha muller de 82 anos que reside en Rei Chiquito, do barrio da Piringalla en Lugo, reclama ao Concello por 1.413,85 que se lle cobrou nunha factura pola auga e o alcantarillado, ao estimar que se lle cobrou "de máis".


En concreto, Guillermina Sá nega que gastase tanta auga nunha factura que se expediu por vía executiva en decembro de 2014, e que agora reclama ao considerar que se lle cobrou "de máis".


A anciá vivía co seu marido falecido cando se lle pasou ao cobro a dita cantidade, que se lle remitiu ao seu domicilio. Ademais, indicou que recorda que lle mandaron outra carta a casa onde se recoñecía un cobro "de máis", de 300 euros polo alcantarillado.


"Eu dixen como me poden facer iso, cobráronme o alcantarillado e a auga 1.413,85 euros e non consumín tanta auga", afirmou a anciá que agora quere que se lle devolva este diñeiro, alegando que a súa pensión apenas supera os mil euros.


A octoxenaria relatou que tamén dispón dunha horta, aínda que esgrimiu que o seu mantemento se realiza a través dun pozo "centenario" que era do avó do seu marido. "Con ese pozo doulle auga aos bichos e rego se teño que regar", abundou.

relacionada La gestión del ciclo urbano del agua y la conservación del medio ambiente
relacionada A Xunta quere levar a auga a máis núcleos de poboación
relacionada Tecnoloxía para os alumnos galegos que comprenden o uso intelixente da auga
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE