'Situación 2' de alarma pola proximidade do incendio de Soutomaior a núcleos habitados

|


Incendiosoutomaior

Incendio en Soutomaior esta tarde // @MariaCheda Twitter


Acaba de ser decretada a 'situación 2' para o incendio declarado ás catro desta tarde en Soutomaior. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume a núcleos habitados, neste caso no lugar de San Martiño de Ventosela, xa no concello de Redondela


A este lume na provincia de Pontevedra súmase o de Cotobade, que segue en Situación 2, os de Mondariz e Caldas de Reis, ambos estabilizados, que afectan a 160 e 290 hectáreas respectivamente, e o de Ribeira que é o único que está xa extinto.



Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada por este lume supera as 20 hectáreas. Neste momento o foco segue activo e fóra de control



Primeiras imaxes de Soutomaior // @InfoEmerg Twitter


Nas labores de extinción traballan tres axentes, sete brigadas, nove motobombas, unha pala, catro helicópteros e un avión. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).



relacionada ​El viento complica las labores de extinción en Cotobade
relacionada ​El incendio de Mondariz se aleja de las viviendas
relacionada Os ​veciños de Vilagarcía puideron pasar a noite nas súas casas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress