#Claves de la semana

Os ​veciños de Vilagarcía puideron pasar a noite nas súas casas

Este mediodía quedou estabilizado o incendio forestal que se iniciou no termo municipal de Caldas de Reis e xa non hai risco para vivendas.


|

Cotobadeincendio


O lume que avanzou sen descanso durante toda a xornada do luns desde Caldas ata o concello de Vilagarcía quedou estabilizado este martes ao mediodía. Esta noite pasada provocou o desaloxo de veciños de Castro de Agudín e do lugar de Abelle, en Rubiáns. Neste caso, a medida foi temporal, e as familias puideron volver ás súas casas a pasar a noite.


Un dos birgadistas subiua á rede social Facebook un vídeo onde se mostra "un dos moitos momentos de tensión que vivimos onte", afirma. "Incendio de Caldas, A Brigada Alfa do Helicóptero de Campiño, primeiro escudo á fronte de cabeza entrando nas primeiras casas de Castro Agudín- A Barrosa (Vilagarcía)".




Neste incendio, iniciado en Caldas de Reis, na parroquia de Saiar, e que chegou ás 290 hectáreas, desactivouse a "Situación 2" preventiva.


Nos labores de control mobilizáronse tres técnicos, nove axentes, 23 brigadas, 11 motobombas, dúas palas, un tractor, 10 helicópteros e dous avións.


RIBEIRA


Pola súa parte, está extinguido o incendio rexistrado na parroquia de Carreira, en Ribeira, que afectou unhas 81 hectáreas, 26 delas dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo.

relacionada Desalojan viviendas en Vilagarcía y Cotobade por dos incendios forestales
relacionada ​O incendio de Ribeira afecta ao parque natural de Corrubedo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE