#Claves de la semana

O lume arrasa máis de 900 hectáreas en Galicia

Decretada a Situación 2 no incendio de Soutomaior, que leva queimadas máis de 20 hectáreas. Permanece decretada a Situación 2 no incendio de Cotobade, parroquia de Tenorio, cunha superficie afectada dunhas 365 hectáreas

Desactivada a Situación 2 nos incendios de Mondariz e Caldas de Reis, que afectan a 160 e 290 hectáreas respectivamente. Extinguido o lume rexistrado no concello de Ribeira, parroquia de Carreira, cunha afectación de 81,7 hectáreas.


|


Incendiohidroavion


Situación 2 en Soutomaior


Acaba de ser decretada a 'situación 2' para o incendio declarado ás catro desta tarde en Soutomaior. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume a núcleos habitados, neste caso no lugar de San Martiño de Ventosela, xa no concello de Redondela.


Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada por este lume supera as 20 hectáreas. Neste momento o foco segue activo e fóra de control.


Nas labores de extinción traballan tres axentes, sete brigadas, nove motobombas, unha pala, catro helicópteros e un avión. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Activo en Cee


Esta tarde tamén se declarou un incendio no concello coruñés de Cee que calcinou polo momento máis de 20 hectáreas.


O lume iniciouse na parroquia de Ameixenda, dacordo coa información publicada en Facebook por @incendios085.


Situación 2 en Cotobade


Permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 19 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).


Estabilizado Mondariz


Descativada esta mañá a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas da noite e quedou estabilizado ás 10:04 horas desta mañá. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 9 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.


Estabilizado Caldas de Reis


Desactivada tamén a “Situación 2” no incendio forestal localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas de onte e quedou estabilizado ás 11:45 horas desta mañá. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 12 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 11 helicópteros e 2 avións.


Extinguido Ribeira


Extinguido desde as 11:00 horas desta mañá o incendio rexistrado no concello coruñés de Ribeira, parroquia de Carreira, tras comezar o luns ás 00:30 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 81,7 hectáreas arboradas, das cales unhas 26 están dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Na súa extinción participaron 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 22 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 2 avións



relacionada 'Situación 2' de alarma pola proximidade do incendio de Soutomaior a núcleos habitados
relacionada ​El incendio de Mondariz se aleja de las viviendas
relacionada Desalojan viviendas en Vilagarcía y Cotobade por dos incendios forestales
relacionada ​O incendio de Ribeira afecta ao parque natural de Corrubedo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE