O Carballiño supera o seu propio récord da tapa de polbo máis grande

|

Polbopulpocarballio


A localidade do Carballiño superou por sétima vez consecutiva o seu propio récord á hora de elaborar a tapa de polbo máis grande do mundo. Nesta ocasión foron necesarios máis de 750 quilos deste cefalópodo así como o traballo incansable de 25 cociñeiros que se encargaron de que a auga estivese no seu punto; aderezalo con aceite de oliva, sal e pemento e de cortalo para ofrecer máis de 2.000 racións.


A elaboración da tapa de polbo máis grande do mundo levou 18 minutos e 24 segundos aos 25 cortadores, entre os que se atopaba o alcalde de Carballiño, Francisco Fumega e o chef do restaurante La Luna de Madrid, Manuel Rodríguez Carrete, propietario dunha estrela Michelín.


Francisco Fumega confirmou que o próximo ano o obxectivo desta festa é conseguir o recoñecemento "oficial" co récord Guinness nun acto no que se prevé a presenza "de todos os alcaldes das cidades do Eixo Atlántico e ao que se expoñen convidar á alcaldesa de Paris, Anne Hidalgo, de orixe española.


O obxectivo é "conseguir un impulso grande para que sexa recoñecida como Festa de Interese Turístico Internacional", confirmou Fumega. Para lograr este recoñecemento é necesario que a Festa apareza en 20 noticias de medios de comunicación estranxeiros, ademais de anos de tradición, algo que para o alcalde a festa "xa ten".


"Hoxe que leva tanto o Show Cooking e o Street food, a xente de Arcos lévao facendo toda a vida", destacou pola súa banda o propietario e chef do restaurante La Luna de Madrid, Manuel Domínguez Carrete, que foi nomeado Embaixador da Festa do Polbo.


Para Domínguez Carrete o polbo é un produto "moi fácil de vender" e con posibilidades para a cociña e que "debemos internacionalizar moito máis", tanto en Europa como "no resto do mundo".


UN PRATO DE 5,37 METROS


Nesta ocasión o prato de madeira de piñeiro sobre o que se presenta a tapa tivo que ser substituído por un sete centímetros máis ancho. O tamaño final da tapa foi de 5,37 metros de diámetro.


Tamén aumentou a materia prima. Cocéronse cen quilos máis de polbo que na pasada edición, de modo que a "tapa" alcanzou un peso de 750 quilos, o que supón máis de 2.000 racións.


Houbo colas para comprar estas racións, que se venderon cun prezo de catro euros xunto cun anaco de pan de Cea e unha cunca de viño do Ribeiro. Os comensais puidéronse levar o prato de madeira a casa como recordo.


A tradición de cociñar polbo en Carballiño ten a súa orixe na Idade Media, debido á proximidade da vila co mosteiro de Oseira, que tiña un priorado en Marín que enviaba polbo para os frades. Este prato estendeuse ao longo dos séculos polas feiras e mercados de Galicia.

relacionada O polbo á feira compite por se converter en 'marabilla gastronómica'

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress