​Darío Campos dá por resolta a expulsión de Manuel Martínez

|

Dariocamposdeputacionlugopresidente 1

Darío Campos. //Foto: @depulugo twitter


O presidente da deputación de Lugo, Darío Campos, deu por "resolto" este mércores o relativo á expulsión do PSOE do alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, na actualidade deputado provincial no grupo de non adscritos.


"É un tema que para min está resolto, e céntrome na execución dos orzamentos, que é no que estamos centrados todo o equipo de goberno, para mellorar a calidade de vida dos veciños da provincia", resolveu, sen querer entrar en detalles.


Sobre o novo recurso á súa expulsión das filas socialistas presentado polo propio Martínez, Campos dixo que a decisión corresponde a Ferraz. "Supoño que o estudará e tomará a decisión oportuna", concluíu. Tras a aprobación dos orzamentos da Deputación, que Manuel Martínez finalmente apoiou, chegárase a falar mesmo da reincorporación do alcalde de Becerreá ás filas socialistas.

relacionada El PSOE expulsa definitivamente al alcalde de Becerreá, Manuel Martínez
relacionada A Deputación de Lugo consegue aprobar os Orzamentos deste ano

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress