Vaia panorama o que nos espera!

Manuel Fernando González Iglesias

Rajoy 1


O dito de que "se Mahoma non vai á montaña, a montaña irá a Mahoma", vale, agora mesmo, para explicar o rechamante encontro entre Rajoy e Rivera en busca do acordo perdido que se celebrou esta semana e que concluíu cunha proposta, que se a aproba a executiva do PP, abriría a porta a unha sesión de investidura, na que aínda non hai maioría suficiente para que culmine na formación dun goberno minoritario presidido polo propio Rajoy. Entón, a partir de aí, hai que buscar no refraneiro cristián-parlante a outra frase que máis vén a conto, que máis ou menos di que "é máis fácil que o camelo pase polo ollo da agulla que o PSOE se absteña en favor da gobernabilidade do estado".


Así as cousas, nas próximas semanas, imos ver cousas extraordinarias. Onte xa contemplamos a primeira cando Felipe González celebrou como éxito propio o xiro dado por Albert Rivera en busca dun acordo de mínimos que evite novas eleccións. E se eses encomios do feiticeiro da tribo socialista soan a corno queimado na rúa Ferraz, que dicir! das que, ben seguro, repetirá o outro ex presidencial Zapatero antes de que acabe a semana, ou, se cadra, as dun Alfonso Guerra aínda asombrado pola falta de sentido común do seu primeiro secretario que non sabe contar os escanos que teñen os uns e os outros. Ou as de, vaia Vd. saber! dalgunha figura económica próxima a Sánchez que, angustiada por bancos e empresarios para os que sempre traballou, saia da ortodoxia pactada e diga xa en voz alta o que é un segredo a voces: "vaian co non a outra parte", que o país é máis importante que a carreira política do primeiro secretario do PSOE e mesmo que a da señora Presidenta de Andalucía.


Así que, cun pacto de esquerdas imposible, só hai dúas saídas razoables: Ou deixar que o PP goberne moi condicionado nunha lexislatura curta de dous anos aproximadamente, ou votar nunhas terceiras eleccións moi contestadas na rúa polo insufrible aburrimento dos electores e tamén polos resultados que se produzan en Galicia e Euskadi, onde os socialistas, cun Non na boca, poderían chegar a ser o "elo perdido para a gobernabilidade" que buscan os Podemitas coas súas mareas galegas, pero tamén os xerarcas do PNV se os de Podemos e os seus afluentes abertzales son os máis votados entre os vascos. Vaia panorama o que nos espera! 

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Más opinión
Opinadores

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE