#Claves de la semana

​Para Leiceaga, a 'caixa finandesa' de Feijóo só leva facturas e recortes

"Os galegos teñen hoxe 4.000 euros de débeda por cabeza". O candidato socialista critica conxuntamente a política demográfica e a "austeridade".


|

Cajafinlandesa


Leiceaga criticou este martes a imaxe de Feijóo como xestor austero. "Austeridade si, pero os galegos teñen hoxe 4.000 euros de débeda por cabeza e case toda ela foi xerada durante os sete anos de goberno de Feijóo", censurou. O candidato do PSdeG afea ao presidente da Xunta unha "elevación moi notable da débeda pública".


Neste sentido, criticou que a 'caixa finlandesa' de benvida para os bebés é "unha tomadura de pelo" nun país que, segundo o seu balance, pasou dun saldo positivo de 15.000 persoas --a inmigración neta que había en 2008-- a outro negativo de 2.000 --as persoas que "hoxe" está a enviar ao exterior a comunidade--.


"Estase desangrando Galicia, Galicia está a ir a menos, e a súa resposta é unha tomadura de pelo", advertiu, antes de ironizar con que esa caixa debería incluír dúas facturas: unha polos 4.000 euros de débeda que terá que devolver cada galego e outra por "os recortes en educación, sanidade e apoio á familia".


Así, Leiceaga avogou por un cambio da política demográfica "fracasada" do PP, e propuxo outra "renovada" que vire ao redor da xeración de emprego, fundamentalmente para os mozos; que conte cun plan contra a pobreza infantil que dea "auxilio cunha axuda estable e planificada", escolas infantís nas zonas que máis o necesiten e medidas de flexibilidade horaria, de fomento do teletraballo e o aumento dos permisos por maternidade e paternidade.


"Unha política demográfica integral, que aposte por unha inmigración planificada e con integración, e redunde nunha Galicia máis viva, máis vibrante e con futuro", resumiu. A este escenario confrontou "a Galicia da resignación e do retroceso de Núñez Feijóo".

relacionada ​O declive demográfico e a crise afectan especialmente á provincia de Lugo
relacionada ​Feijóo pásalle ao goberno central a patata quente do envellecemento
relacionada Galicia debate sobre os retos do envellecemento
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE