#Claves de la semana

​Feijóo pásalle ao goberno central a patata quente do envellecemento

Pide un "fondo de cohesión demográfica" no marco do debate sobre o financiamento autonómico


|

Feijoooo



O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, ve necesario "sensibilizar" ao goberno central sobre o reto do envellecemento, unha realidade que afecta especialmente a Galicia.


"Debemos ser capaces de sensibilizar ao Goberno porque isto vai con el", proclamou Feijóo reclamando a creación dun "fondo de cohesión demográfica" no marco do debate sobre o financiamento autonómico, recordando que as competencias de estímulo da natalidade non están transferidas ás autonomías.


Por iso reclama un fondo que debería "ponderar adecuadamente" o custo do envellecemento --considerando a porcentaxe de maiores de 65 anos, xunto cos de máis de 80 e de máis de 85--, e tamén o de estimular políticas da natalidade, para garantir un trato xusto ás necesidades dos cidadáns que viven en cada comunidade desde o punto de vista sanitario e de servizos sociais.


O presidente galego lanzou esta mensaxe acompañado do conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, na apertura do Encontro Interterritorial do Foro de Rexións Españolas con Desafíos Demográficos (Fredd), no que tamén participaron autoridades dos gobernos de Aragón, Castela-A Mancha, Estremadura, Asturias, Castela e León e A Rioxa.


Antes da reunión a porta pechada, Feijóo subliñou que a sociedade española vive "unha época de cambio" e que o problema do envellecemento e da caída demográfica non se debe afrontar "con nerviosismo" pero tampouco "con resignación". Subliñou que se trata de "un problema moi serio e moi difícil de adoptar" e chamou a tomalo como "unha invitación á procura de decisións".


AS MEDIDAS TEÑEN UN CUSTO


Ao tempo, asegurou que Galicia está a adoptar, "probablemente", a política "máis ambiciosa" neste ámbito que se impulsou "nunca"  con varias accións dos últimos meses, como a 'Tarxeta Benvida' de cen euros ao mes para os bebés que nazan na comunidade en 2016 e 2017.


Todas elas --remarcou-- teñen "un custo". Un custo que, ao seu xuízo, do mesmo xeito que pasa co do envellecemento, non se ponderou "o suficiente" nos sucesivos modelos de financiamento autonómico. A modo de exemplo, sinalou que o 22,7 por cento da poboación galega é maior de 65 anos fronte ao 17,4 por cento do conxunto de España; a comunidade ten un 7,3 por cento de maiores de 80 anos fronte ao 5,2 por cento de media estatal; e un 3,3% de máis de 85 fronte ao 2,3 por cento estatal.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE