​O declive demográfico e a crise afectan especialmente á provincia de Lugo

|

Parogaicia

A CIG deu a coñecer unha "análise socioeconómica" da provincia de Lugo, desde o inicio da crise, en 2008, ata 2015, un período no que, alertaron, se triplicou o número de persoas que perciben a Risga.


O informe comeza detallando a perda de poboación, dun 4,5 por cento fronte ao 1,8 en Galicia nestes sete anos, e o seu envellecemento na provincia, onde o 28,6 por cento a súa poboación conta con máis de 65 anos.


En rolda de prensa, unha das responsables do gabinete económico da CIG, Natividad López, concretou que "o 33,8 por cento dos contratos rexistrados duraron menos dunha semana en 2015".


Ademais de "perderse un dez por cento dos asalariados", coa voraz crise desde 2008 en Lugo, "o salario medio tamén" se viu reducido nun 3,1 por cento, apuntou, tras o que debullou que un 18,5 por cento dos asalariados da provincia "non chegaron aos 1.900 euros" de ingresos ao ano. Dentro destas variables inclúese que a "poboación parada creceu un 146 por cento".


Do mesmo xeito, a CIG apuntou que das 405 rendas de integración social que se cobraban en 2008 pasouse a 1.169 o pasado ano en Lugo.


O secretario comarcal da CIG, Antonio Niño, puxo o acento en que a situación é "dramática na provincia", onde a clase traballadora se viu "empobrecida", recobrándose a figura do "traballador pobre" común durante o "franquismo".

relacionada ​Feijóo pásalle ao goberno central a patata quente do envellecemento
relacionada Galicia debate sobre os retos do envellecemento
relacionada Os contratos temporais en industria duplícanse, pero duran a metade

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Este periódico fue seleccionado por Google News Initiative para su Journalism Emergency Relief Fund

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress