​Boiro no top 20 das localidades de España líderes en turismo rural

A localidade coruñesa de Boiro sitúase de número 17 entre as 20 de España con máis reservas en turismo rural no mes de agosto.


|

Turismoboiro


Asturias lidera a listaxe de destinos máis demandados este mes en turismo rural con dez localizacións: Cangas de Onís, Llanes, Ribadesella, Villaviciosa, Castropol, Cabrales, Cadavedo, Alles, Piloña e Castrillón.


Os restantes municipios deste top 20 repártense por toda España, con preferencia sobre todo polo norte do país. Santillana del Mar, Illa, Potes (todos en Cantabria), Puyarruego (Huesca), Candeleda (Ávila), Alpedrete (Madrid), Boiro (A Coruña), Calpe (Alacante), Torre do Mar (Málaga) e Moratalla (Murcia) son as restantes localidades cun importante número de turistas que optaron polo turismo rural.


Por comunidades, de novo Asturias aparece a primeira. Co 20,10% das reservas sitúase como líder absoluta no mes de agosto. Séguenlle Andalucía (13.89%), Cantabria (11.05%), Cataluña (10.94%) e Castela e León (7.93%). Boiro está de 17 na lista.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE