#Claves de la semana

Leiceaga propón aos partidos galegos "aforrar" medio millón na campaña electoral

Piden ós grandes partidos que reduzan nun 30% o teito de gasto para a campaña, que se sitúa en 1,600,000€ por partido.


|

Leiceagamicros


O candidato polo PSdeG á presidencia da Xunta, Xaquín Fernández Leiceaga, informou hoxe de que o seu partido vai lanzar unha proposta sobre o gasto que os partidos galegos que concurren ás eleccións do 25 de setembro, e fundamentalmente a aqueles que teñen posibilidade de obter escanos no Parlamento, están autorizados a facer en campaña. 


A executiva do partido propón un pacto de autolimitación polo que se reduciría o teito de gasto, que actualmente se sitúa en 1,600,000€ por partido, nun 30%, é dicir aproximadamente medio millón de euros sobre o gasto xeral. As razóns ás que aludíu Leiceaga son o "compromiso e respecto pola cidadanía, que é quen paga". Leiceaga dixo que "a situación das finanzas públicas obríganos a aforrar" e incidíu en que os partidos "teñen a obriga de reducir os costes da maquinaria electoral".


Leiceaga dixo que o pacto non se remitirá a todos os partidos senon unicamente a aqueles que teñan posibilidade de representación, e aludíu a "5 partidos", presumiblemente PP, En Marea, BNG, Ciudadanos e o propio PSdeG. De non chegarse a un acordo, o candidato non precisou se o PSOE faría honra ó pacto en solitario.


LISTAS


O candidato socialista tamén se referíu ás listas do seu partido para as eleccións autonómicas do 25S, que foron pactadas onte nun proceso que segundo reiterou Leiceaga "se respectou estritamente por todas as partes". Eludíu facer declaracións acerca de Caballero e recordou que "estes temas non son os que lle interesan á cidadanía", a tan só "40 días para as eleccións".


Falou tamén das listas do PP nas que segundo o candidato, "decidíu o dedo de Núñez Feijóo".  Dixo que estas listas están cheas de "persoas do entorno do Presidente e conselleiros", o que calificou coma "unha forma de protexer ao seu 'staff' en caso de perder nas próximas eleccións autonómicas", e así favorecer a "saída vía Parlamento" se acaban nas filas da oposición. 


Ademais dixo que a campaña do PP de Galicia demostra que se está a postar polas "mesmas políticas: recortes, xestión lamentable do mercado laboral e dos sectores clave na economía galega".

relacionada ​Ferraz 'corrige' las listas del PSdeG
relacionada Feijóo elige a Diego Calvo, Francisco Conde y Marisol Díaz como cabezas de lista
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE