Excarceran unha persoa do seu coche por un accidente en Vilalba
Os servizos sanitarios precisaron de dúas ambulancias, pois outro dos ocupantes do vehículo tamén quedou ferido.

Os Bombeiros excarceraron a unha persoa que quedou atrapada no interior do vehículo no que viaxaba cando circulaba pola rotonda da saída da A-8, na ligazón coa Autovía de Ferrol, á altura do termo municipal de Vilalba.
Ademais, segundo precisou o CAE 112 Galicia, outro dos ocupantes do vehículo tamén resultou ferido. O accidente tivo lugar a escasos minutos das 19,00 horas deste sábado. Foi a esa hora cando un alertante pediu axuda ao CAE 112 que, de inmediato, pasou aviso a Urxencias Médicas e aos Bombeiros.
Igualmente, o persoal do 112 Galicia solicitou a colaboración dos axentes de Tráfico e de Protección Civil. Os servizos sanitarios precisaron de dúas ambulancias para trasladar aos feridos ao centro hospitalario de referencia.
Case 100 persoas feridas nas estradas esta fin de semana
Escribe tu comentario