#Claves de la semana

Case 100 persoas feridas nas estradas esta fin de semana

Desde a tarde do venres ata a medianoite do domingo rexistráronse en Galicia 65 accidentes de tráfico que precisaron asistencia do 061.


|

Accidentetrafico112


Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu a 98 persoas debido a 65 accidentes de tráfico rexistrados a pasada fin de semana nas estradas galegas.


Segundo informou o 061, entre as 15,00 horas do venres e as 23,59 horas do domingo a Central de Coordinación recibiu 75 chamadas en relación con sinistros. O sábado foi a xornada con máis incidentes, cun total de 26.


Os recursos sanitarios mobilizados polo 061 ascenderon a 96. En concreto, as ambulancias medicalizadas realizaron seis saídas; as asistenciais, 77; e as convencionais, unha; mentres que o helicóptero medicalizado asistiu en dúas ocasións e os médicos de Atención Primaria prestaron asistencia en dez ocasiones.


En 86 casos os feridos foron levados aos centros sanitarios correspondentes e en doce ocasións recibiron atención no lugar do incidente sen necesitar traslado.


A proporción de homes atendida foi do 58 por cento e a de mulleres reduciuse ao 42%. En canto ás idades dos feridos, un 32 por cento dos atendidos tiña entre os 15 e os 29 anos.


A Coruña, con 27, foi a provincia que rexistrou máis accidentes durante os desprazamentos do fin de semana; seguida de Pontevedra, con 25; Ourense, con nove; e Lugo, con catro.

relacionada ​O 061 atendeu máis de 100 persoas esta fin de semana por accidentes de tráfico
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE