​O 061 atendeu máis de 100 persoas esta fin de semana por accidentes de tráfico

|

Accidentetrficocoche

O servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia atendeu un total de 107 persoas esta fin de semana debido a 73 accidentes de circulación nas estradas galegas, que se saldaron con tres falecidos.


Segundo informou o 061 a través dun comunicado, os servizos de emerxencia realizaron 73 asistencias sanitarias derivadas das 82 chamadas xestionadas pola Central de Coordinación de emerxencias.


Pontevedra foi a provincia que máis incidentes rexistrou entre o venres e o domingo, con 28 sinistros. Doutra banda, un 26% dos accidentados tiñan idades comprendidas entre os 20 e os 34 anos.


En total, os medios mobilizados por Urxencias Sanitarias foron 114. O helicóptero medicalizado tivo que desprazarse en tres ocasións, mentres que as ambulancias asistenciais atenderon 87 dos incidentes que en 100 casos derivaron en traslados a centros sanitarios.

relacionada ​Cinco heridos en tres accidentes esta madrugada
relacionada Sábado negro nas estradas

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress