​Vetar as touradas en 7 meses, desafío ao goberno que saia do 25S

|

Torostouradas


A plataforma 'Galicia Mellor sen Touradas' propuxo aos partidos políticos galegos un plan para "vetar corridas de touros" en sete meses, un acordo que espera que sexa subscrito por distintas formacións de fronte ao goberno que xurdirá tras as eleccións do 25 de setembro.


A asociación subliñou, a través dun comunicado, a "proximidade" desta idea cos programas de BNG e En Marea e confía en "sumar aos próximos deputados do PSdeG á proposta".


Para a plataforma, "o fin da tauromaquia no territorio galego é unha situación natural", xa que "tres dos cinco municipios que albergaban eventos taurinos" (A Coruña, Sarria e Padrón) decidiron en 2015 deixar de financialos con fondos municipais ou provinciais, mentres que "só sobrevive unha feira taurina de formato reducido en Pontevedra, sede da única praza de touros da comunidade", e unha solta-capea en Valga.


O proxecto dos abolicionistas incluiría a tramitación dunha Proposición de Lei por algún dos futuros grupos parlamentarios e, despois da súa aprobación, a moratoria de 6 a 7 meses, onde se resolverían as hipotéticas solicitudes de indemnización. 'Galicia, Mellor Sen Touradas' estima que os potenciais pagos a empresarios afectados pola decisión do Pazo do Hórreo serían moi baixos.



relacionada ​360.000 firmas por la 'erradicación taurina'
relacionada Mellor Sen Touradas afirma que unha ampla maioría dos galegos “aborrece” a tauromaquia

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consejo editorial Publicidad
Powered by Bigpress