#Claves de la semana

Mellor Sen Touradas afirma que unha ampla maioría dos galegos “aborrece” a tauromaquia

Acusan ao PP de “defender” as corridas e piden "compromiso" ao resto de partidos para que se incorporen as súas propostas nos programas electorais.


|

Touradas


Mellor Sen Touradas, a Asociación Animalista Libera e a Fondation Franz Weber acaban de dar impulso a unha campaña que, baixo o lema "Agora un país libre de touradas", demanda aos partidos políticos o seu "compromiso" coa abolición das corridas de touros no caso de que obteñan representación no Parlamento de Galicia nas eleccións do vindeiro 25 de setembro.


As entidades incidiron en que entre o 86% e o 99,7% dos galegos "rexeitan ou aborrecen" estes eventos de acordo con enquisas e sondaxes. Deste xeito, piden que se eliminen o financiamento público á tauromaquia en Galicia e que se modifique a Lei de Protección Animal de 1993, que considera as corridas de touros unha excepción en relación aos casos de malos tratos animais.


Os animalistas subliñaron que xa preguntaron ao BNG, PSdeG e En Marea as súas intencións neste sentido, posto que estas son as formacións "chamadas a conformar un goberno alternativo ao PPdeG" que, segundo critican, "defende" as corridas de touros.


Neste sentido, sinalaron a "presenza" do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, na praza de touros de Pontevedra e reprobaron que o PP "impedise" que prosperasen proxectos de lei co fin de acabar con este espectáculo en 2012 e 2013.

relacionada ​360.000 firmas por la 'erradicación taurina'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE