#Claves de la semana

​Os alugueres para universitarios abarátanse un 5% en Santiago

Cada estudante pagará este curso, de media, 174 euros ao mes por unha habitación nun piso compartido, máis gastos.


|

Habitacion


O prezo das habitacións en Santiago de Compostela caeu un cinco por cento respecto dos datos do pasado ano, segundo un estudo elaborado polo portal da internet fotocasa.es.


Así, os universitarios que cursan os seus estudos na capital galega pagarán de media 174 euros ao mes este ano, un 36 por cento menos que a media nacional, que alcanza os 258 euros.


Deste xeito, Santiago de Compostela sitúase como a cidade universitaria cos alugueres máis baratos entre as localidades analizadas, nun ránking que lidera Barcelona --371 euros--, seguida por Madrid --318-- e Sevilla --249--.


Respecto dos datos do ano pasado, o prezo medio dunha habitación en Santiago descendeu de 183 a 174 euros, o que supón a maior caída das oito principais cidades universitarias de España.


RESIDENCIAS UNIVERSITARIAS


En Santiago, a USC oferta case 1.100 prazas nas súas residencias e colexios maiores. Nestes casos, os prezos do aloxamento varían en función da renda familiar dos alumnos e de se o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte lles concede ou non o compoñente de residencia das súas bolsas.


Así, os estudantes pagan pola estancia entre os 286 euros mensuais daqueles cunha renda persoal dispoñible superior a 9.000 euros ao ano e os 61 euros mensuais para os que dispoñen de manos de 2.500. Dentro deste abanico hai distintos chanzos de prezos, establecidos para cada nivel de renda.

relacionada ​Un de cada cinco universitarios emigrará sen nin sequera buscar traballo aquí
relacionada ​La mayoría de universitarios no se ve preparado para trabajar
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE