#Claves de la semana

​UGT pide que se tomen medidas contra os "abusos" aos traballadores da hostalería

O sindicato UGT pediu aos Concellos e á Deputación de Pontevedra que non autoricen a montaxe de terrazas aos hostaleiros que teñan denuncias por incumprimento de contrato laboral para evitar "competencia desleal".


|

Terrazabar


O sindicato UGT pediu aos Concellos e á Deputación de Pontevedra que adopten unha postura "contundente" con aquelas empresas do sector turístico que teñan denuncias por incumprimento de contrato laboral e que non autoricen a montaxe de terrazas aos hostaleiros nesta situación.


O secretario de UGT Pontevedra-Arousa, José Ramón Vidal e o delegado da Federación de Comercio deste sindicato, Carlos Esperón, indicaron que se incrementaron as contratacións durante este verán en empresas de hostalería e, en xeral, no sector terciario, pero tamén apuntan que "aumentaron as irregularidades nos pagos".


“COMPETENCIA DESLEAL”


Ante esta situación, desde o sindicato reclámase que os concellos non autoricen a instalación de veladores ou deixen de conceder beneficios a aqueles establecementos nos que existan denuncias. Entenden que todas as administracións deben actuar para evitar unha situación de "competencia desleal" que se está rexistrando no sector, segundo Vidal e Esperón, xa que coinciden establecementos que non realizan contratacións correctas con outros que si.


José Ramón Vidal lembrou que mantiveron a principios do verán un encontro co xefe da Inspección de Traballo en Pontevedra para trasladarlle a preocupación por este tema. Desde a Inspección recoñeceron o problema e sinalaron que poñerían en marcha un programa de control que, con todo, "non está a obter resultados", segundo este sindicato, "por carencia de medios".


MULLERES NOVAS


Afirman que o perfil do traballador que se atopa nunha situación de falta de pagamento de todo o salario establecido no convenio do sector hostaleiro é o de "muller nova con nóminas de 700 euros", cando terían que estar a cobrar 1.000 euros polo tempo que excede da súa xornada laboral.


No 90 por cento dos casos indican que os traballadores chegan ao sindicato despois de asinar a liquidación sen ser conscientes de aceptar unha cantidade económica inferior á que lles corresponde nas que, segundo os representantes sindicais, "non adoitan abonarlles as vacacións ou as horas extra".


EMIGRACIÓN


Vidal sinalou que moitos dos profesionais da hostalería formados en centros como o Carlos Oroza de Pontevedra deciden emigrar ante a situación empresarial que se vive en Galicia e reclamou unha intervención por parte das distintas administracións para limitar estes abusos por parte dos empresarios.



relacionada Só unha de cada 72 altas na Seguridade Social se consolida máis aló dun ano
relacionada UGT denuncia a "discriminación" que sofren as empregadas de Política Social
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE