#Claves de la semana

UGT denuncia a "discriminación" que sofren as empregadas de Política Social

Cando estas traballadoras prestan servizo un domingo ou festivo non teñen dereito ao descanso compensatorio, que si recuperaron, por exemplo, os brigadistas contra incendios, maioritariamente homes.


|

Ugtpoliticasocial 1


A Federación galega de Servizos Públicos de Galicia (FeSP) de UGT presentou unha queixa ante a Valedora do Pobo por unha situación que considera "inxusta e discriminatoria" co persoal que traballa os domingos e festivos na Consellería de Política Social, xa que existe "unha diferenciación entre sexos".


A secretaria xeral de FeSP, Irene Martínez, denunciou este xoves que a Lei 1/2012, creada durante a "carreira de recortes", suspendeu o descanso compensatorio a todos os traballadores da Xunta, pero "en anos sucesivos" repúxose o descanso nos colectivos maioritariamente masculinos.


Este recorte é unha medida temporal que se aplica a todo o persoal da Xunta, pero afecta, sobre todo, a aqueles traballadores que prestan servizos a quendas. Segundo detallou a secretaria, recuperáronse no sector encargado da extinción de incendios, enmarcado na Consellería de Medio Rural e composto por homes nun 85%, mentres que o persoal de residencias de maiores, menores e discapacitados, dentro da Consellería de Política Social e cun 85% de mulleres, continúa coa suspensión.


Deste xeito, a organización sindical identificou un "trato discriminatorio" cara ao colectivo feminino, polo que o pasado 1 de agosto presentou ante a Valedora do Pobo unha queixa coa que espera que recomende ao Parlamento galego que "emende esta situación" nos orzamentos de 2017.


CONSECUENCIAS


Neste sentido, Fina Martínez, responsable de persoal intercentros, sinalou que esta suspensión afecta a conciliación laboral e familiar e a saúde no traballo. Ademais, asegurou que está creando un incremento de accidentes laborais, sobre todo en certas categorías como a de auxiliar de enfermería, camareiras-limpaadoras e coidadoras.


Así mesmo, apuntou a que a taxa de siniestralidad laboral pasou desde o ano 2013 ao 2015 de 396 accidentes a 454 e, en canto ás baixas laborais, estas se incrementaron nun 55,6%. Doutra banda, a clasificación por sexos reflicte que 221 corresponden a mulleres e 14 a homes.


Deste xeito, esperan que a Valedora inste ao Lexislativo a que, na revisión que se faga este ano con motivo dos Orzamentos 2017, derogue esa suspensión do descanso compensatorio (e outros recortes que establece a Lei 1/2012) e, polo tanto, todos os empregados e as empregadas recuperen os dereitos laborais recoñecidos no V Convenio.

relacionada Trabajadores denuncian el "abandono" y la "falta de medios" en centros dependientes de la Consellería de Política Social
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE